Viaxe
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo e ás Illas Cíes. Será o día 26 deste mes, sábado.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar ata Vigo, o almorzo, unha visita guiada por esa cidade e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe traslado en barco ás Illas Cíes e comida alí, cun prezo de 60 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso de Xixón, o 20 de maio. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 9 ao 16 de maio.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos psicolóxicos insospeitados ou un cambio...
leer másO Concello de Foz freta un autobús para que os veciños que o desexen viaxen gratuitamente a Monforte este domingo, día 29, para apoiar ao CD Foz, que se enfronta ao Lemos, nun partido decisivo para o ascenso de categoría.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explica que se organiza esta viaxe “dado a boa traxectoria que está tendo o noso club na Primeira Rexional e disputando nestes días encontros importantes para o ascenso, concretamente na próxima xornada contra o Lemos, de Monforte, que é o club que o segue e que está loitando co Club Deportivo Foz para o ascenso. O que quere facer o Concello de Foz, concretamente a Concellería de Deportes, é apoiar ao noso club para que teña máis arroupo na consecución do seu obxectivo, que é o ascenso”.
Javier Castiñeira engade que “para iso imos poñer un autobús que...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a dúas localidades portuguesas famosas polos seus mercados, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será o día 28 deste mes, sábado.
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, desprazamento en autocar e seguro de viaxe. Tamén hai a opción con comida incluída e nese caso a cantidade total que deberán pagar os interesados nesta alternativa é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Portomarín para participar na súa famosa Festa da Augardente, que se celebra o día 1 de abril, domingo.
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, xantar, desprazamento en autocar e seguro de asistencia.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Concellaría de Cultura e a agrupación cultural Francisco Lanza organizan varias actividades en torno ao Pergamiño Vindel, que se pode visitar durante estes meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo. Deste xeito o día 21 de febreiro terá lugar ás 12 do mediodía na contorna do mercado de abastos de Ribadeo un Cantar de Cego a cargo de Luís Correa e Chus Iglesias. E por outra banda o día 25 deste mes haberá unha excursión organizada a Vigo para visitar o Pergamiño Vindel, o casco histórico da cidade olívica e a localidade portuguesa de Valença do Miño.
Os actos foron presentados esta tarde na Biblioteca Pública El Viejo Pancho, de Ribadeo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou que “a Universidade de Vigo é a promotora da visita a Galicia do Pergamiño Vindel desde o Museo de Nueva York e do Museo...
leer másA Concellería de Deportes organiza unha viaxe á neve este domingo, 4 de febreiro, á estación de esquí de Leitariegos. O alcalde, Alfonso Fuente, comunica que aínda quedan prazas libres e anima a participar nesta actividade.
O rexedor barreirense lembrou que “o próximo domingo, día 4, dende a Concellería de Deportes faise unha viaxe á neve, unha visita a Leitariegos. Neste momento aínda nos queda algunha praza, polo tanto animar a toda aquela xente que queira participar nun día na neve a que se anoten”.
O alcalde puntualizou que “non é necesario ir esquiar, senón simplemente a pasar o día vendo unha estación de esquí, pasando un día en familia na neve”.
Alfonso Fuente Parga dixo que “os que queiran participar teñen que chamar ao Concello ou ao noso concelleiro ao teléfono 661 431 536”.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para participar na Feira do Cocido, festa declarada de interese turístico nacional que cumpre a súa 50ª edición este ano. Ademais visitarán o Entroido desa localidade e tamén o famoso santuario da Virxe do Corpiño. Será o día 4 de febreiro, domingo.
O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico de Lalín, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza para o 17 de decembro unha excursión desde A Mariña para visitar o Belén Artesanal en Movemento de Valga, en Pontevedra, e Padrón.
A viaxe empezará en Ribadeo e o autocar recollerá a participantes noutras localidades da Mariña. En Padrón visitarán a localidade e o mercado semanal e comerán. Despois desprazaranse ata Valga para ver o seu gran belén, declarado de interese turístico galego.
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autocar, a comida, a visita ao Belén de Valga e o seguro de viaxe obrigatorio. Para a reserva de prazas hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
... leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña de Seoane do Courel, que se celebrará o día 4 de novembro, sábado. Este evento, que chega á súa trixésima edición, está declarado de interese turístico galego.
O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida de cocido en Pedrafita do Cebreiro, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.
Para a reserva de prazas na excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.