Viaxe
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Pulpo, de O Carballiño, evento que está declarado de interese turístico nacional e que celebra a súa 57ª edición o día 11 de agosto, domingo, dedicada a Asturias.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 25 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
Mais de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.
No VI Ribadeo indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.
A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o...
leer másO Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo animan aos establecementos comerciais e hostaleiros da vila a sumarse a esta iniciativa, sexan ou non socios da patronal.
Segundo confirman desde a organización a día de hoxe son 120 os locais que participarán nesta importante campaña, 109 son socios de Acisa e o resto non.
Desde Acisa subliñan que “este venres, 21 de xuño, ás sete da tarde remata o prazo de adhesión a esta iniciativa. O que non o faga en tempo e forma despois non poderá sumarse”, de aí que insistan en...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 16 de xuño unha viaxe polo patrimonio histórico, artístico e natural da Ribeira Sacra guiado polo escritor Lois Diéguez, autor de diversos libros de viaxe sobre esta comarca.
O programa é o seguinte:
1. Monforte de Lemos
· Monte de San Vicente: Palacio e Torre. Fortaleza dos Castro. Igrexa e convento de San Vicente. Panorámica ao Val de Lemos e Ribeira Sacra. A historia nace aquí.
· Paseo desde San Vicente ao Convento da Compañía ou dos Escolapios, pasando polo burgo medieval, Muralla e Portas, igrexa de San Domingos, Calexa, rúa do Cardeal, Río Cabe, Ponte Fontecha e Convento dos Esclapios.
2. O Saviñao. Río Miño.
... leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha viaxe a Portugal, concretamente a Oporto, Aveiro, Coimbra, Óbidos e Fátima. Será do 17 ao 19 de maio, aproveitando a ponte do Día das Letras Galegas.
A actividade inclúe viaxe en autobús con saída desde Ribadeo e paradas nos lugares de costume, guía acompañante, seguro de viaxe, todas as excursións, circuíto en pensión completa, almorzo nun restaurante de Oporto, hoteis de 3 estrelas en Figueira da Foz e Fátima, cruceiro polo río Duero, visita a unha bodega en Oporto en guías locais nesa cidade e tamén en Aveiro, Coimbra, Óbidos e Fátima.
O prezo é de 199 euros por persoa en habitación dobre.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas,...
leer másA Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.
Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A viaxe é gratuíta.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos mercados portugueses de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será este sábado, día 23.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe a comida e o prezo total é de 40 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión para visitar os vales do Jerte e do Tormes os días 6 e 7 de abril.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, guía acompañante, excursións para ver impresionante estampa dos cereixos en flor e localidades como El Barco de Ávila, Candelario, Béjar e outros lugares de interese da zona, comidas e aloxamento en hotel de 4 estrelas. O prezo é de 135 euros por persoa en habitación dobre, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar ao teléfono 676.44.54.65.
O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).
A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.