Viaxe

Etiquetas:
13/11/2023

A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro. O prazo para anotarse e pagar remata este mércores, día 15. O custo, co xantar incluído, é de 22 euros para os membros do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son. O autobús é de balde porque está financiado cunha axuda do Concello de Lourenzá.

Os organizadores explican: “este ano decidimos viaxar a Vigo. Coñeceremos o legado de Del Riego: pinacoteca e fundación Penzol, que nos abren as súas portas o sábado 18. Comeremos no R.C. Náutico e pola tarde desfrutaremos da cidade olívica. Tan só animarvos a participar e renderlle homenaxe a este laurentino como a el lle gustaría: reunirse cos veciños e disfrutar da cidade que o acolleu. Animámosvos a participar nesta visita imprescindible no ano no que se lle dedican as Letras Galegas...

leer más
Etiquetas:
07/11/2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Ferrol para o 18 de novembro, sábado. Inclúe visitas ao Museo Naval e da Armada, ao Museo de Historia Natural e ao castelo de San Felipe. O xantar será no restaurante Manuel, que está no barrio de A Malata. A saída será ás 9 da mañá dende a estación de autobuses de Viveiro.

O prezo da actividade é de 30 euros para os membros do colectivo organizador e de 35 euros para os que non pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Aquilino.

 

Etiquetas:
18/10/2023

Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do concello de Castroverde para o vindeiro 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitar, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. “Se queda tempo antes do xantar, achegariámonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso”, explican desde a organización.

A data límite para apuntarse remata o martes 24. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.

As persoas...

leer más
Etiquetas:
15/10/2023

A asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha viaxe micolóxica a Monforte de Lemos o 21 de outubro. As persoas interesadas deben anotarse antes do 18 no 653 756 454 (Ricardo).

Haberá recolleita de setas, comida temática e visita guiada con J.L.Cuba. 

A saída en bus desde O Barqueiro será ás sete da mañá e ás sete e cinco desde O Vicedo. Para aas 9:30 horas está programada a recolleita e identificación de setas. Desde a organización recomendan levar botas, cesto, navalla e auga.

Ás 14:30 horas será o xantar no restaurante Trespés. O menú consistirá en ensalada de porros e setas e xamón; croquetas de  boletus; cachelo á brasa e zarrotada; guiso de patacas, níscalos e mexillóns; lomo de porco, pataca trufada, gulas de monte e castañas; flan de queixo e...

leer más
Etiquetas:
29/09/2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo o día 8 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, xornada destacada nas festas do San Froilán.

Os organizadores explican como será a actividade: “antes de arribar a cidade das murallas, na entrada da capital, visitaremos a igrexa románica de Santiago de Meilán, do século XII, e as carballeiras dos arredores. Logo realizaremos un pequeno recorrido polo casco histórico lucense e algunha das portas máis importantes. Deseguido, en distintas rúas lucenses, poderemos gozar de variadas actuacións folclórico musicais e do ambiente dos viños no centro. Despois xantaremos na Pulpería Restaurante Manolo de Marce, onde degustaremos un gorentoso menú composto de entrantes, polbo á feira, carne ao caldeiro e sobremesas típicas. Pola tarde faremos unha visita aos...

leer más
Etiquetas:
16/04/2023

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 22 de abril, unha viaxe á capital da provincia para visitar a exposición “Lugo no tempo”, dentro do proxecto Cidades no tempo, organizado pola Xunta de Galicia e ABANCA, comisariada por Manuel Gago e coordinada en Lugo por Marica Campo. A exposición será complementada cunha visita ao vello cárcere e un paseo pola cidade, guiado polo historiador e catedrático Julio Reboredo Pazos, que aportará unha visión alternativa ao tradicional Lugo romano, máis centrada nos grandes cambios que a cidade experimentou durante o século XIX.

Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus...

leer más
Etiquetas:
05/04/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión a Portugal para a fin de semana do 19 ao 21 de maio. A saída desde Foz será o venres 19 ás 16:00  horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade son: 180 euros para socios federados, 190 euros para socios non federados e 195 euros para socios temporais. Inclúe aloxamento en habitación dobre con pensión completa.

O prazo para reservar praza remata o 8 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
10/09/2022

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o concello das Pontes para coñecermos a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica “Man a man”, continuará cun percorrido pola historia medieval deste concello e rematará coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado. Tras unha pausa para o xantar, reanudaranse as actividades da tarde achegando aos asistentes á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.

No caso de que haxa un número suficiente de persoas, o desprazamento realizarase en bus e reservarase o xantar polo que as interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación canto antes, con límite ata o 14 de setembro. Para anotarse enviarase un correo a...

leer más
Etiquetas:
17/08/2022

O Concello de Ourol organiza o vindeiro 3 de setembro unha excursión que pasará por Pontemaceira, pola Cascada do Ézaro e finalmente chegará ao Faro de Fisterra. 

Sairase as 7:30 horas de diante do Concello. A excursión é gratuíta e está destinada ás persoas empadroadas en Ourol. Non ten límite de idade, pero os menores deberán ir acompañados dun adulto.

O número de prazas está limitado a 51, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas en anotarse teñen ata o 30 de agosto e poden facelo nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 (Servizos Sociais).

 

Etiquetas:
11/07/2022

Concello e Acisa fan un balance moi positivo do VII Ribadeo Indiano, que concluía onte co concerto da mexicana Lila Downs, que reuniu na rúa San Roque a máis de 15.000 persoas, e co sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas. A afortunada foi a ribadense Begoña Sobrino Gijón. Segundo os datos que manexa a organización máis de 80.000 persoas se deron cita do venres ao domingo no Ribadeo Indiano, que xerou un volume de negocio de máis de 3,5 millóns de euros. 

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, manifestou: “dende o Concello de Ribadeo facemos un balance moi positivo desta edición do Ribadeo Indiano de 2022 porque no broche de ouro, no colofón deste evento, no concerto de Lila Downs podemos afirmar que ao mesmo tranquilamente asistiron unas 15.000 persoas. Había moita afluencia na Rúa de San Roque, que ademais desta vez estivo totalmente...

leer más