Visita
Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.
Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID...
leer másA Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 2 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao, na parroquia de Santa Cilla en Foz.
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII, así como unha ampla finca con xardín.
O percorrido vai comprender a visita á Casa do Pazo, concretamente ao salón de retratos onde se conservan imaxes da totalidade dos señores de Fontao desde o século XVII, e ás antigas mazmorras. Tamén se visitará a ermida de Santo André, antiga capela na que están enterrados algúns dos señores de Fontao, e atópanse imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último os asistentes coñecerán o xardín novo da finca, regado por máis de sete fontes.
... leer másUnha mesa redonda indaga sobre o pasado do Santo Vello, en Covas. Un estudoso do tema, o presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo intervirán nunha mesa redonda sobre a cova de San Xoán Vello. Pensamento e Sementeira organiza un acto na área etnográfica da Ínsua e unha visita guiada á cova.
O pasado mes de marzo o presidente do colectivo Pensamento e Sementeira, e dous membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde, Xesús Fernández, estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela.
Xa daquela era a intención do Colectivo complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. É por iso que agora, programaron un acto público e unha visita...
leer más