Volta
A Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, OCádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.
O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional....
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.
O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando...
leer más