A asociación de veciños de Xudán (A Pontenova) organiza unha excursión a Allariz para o 13 de decembro

A Asociación de Veciños A Magdalena, de Xudán (A Pontenova), organiza unha excursión a Allariz para o día 13 de decembro, sábado.

“Vive un día especial descubrindo a maxia de Allariz no Nadal! Paseos, comida, compras, ambiente festivo e boa compañía”, anuncia a asociación veciñal de Xudán.

As prazas son limitadas.