San Xorxe, en Lourenzá, celebra as festas de Santa Isabel esta fin de semana, do 3 ao 5 de xullo

A parroquia de San Xorxe, no municipio de Lourenzá, celebra as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, desde este venres 3 de xullo ata o domingo 5.

As actividades comezarán este venres, xornada na que haberá verbena co dúo Belinda e a orquestra Metrópolis.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa con procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Lume, que tamén actuará na verbena, xunto á Disco Móbil The Sound Project.

E para o domingo está programada misa para as 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú larga co dúo Belinda e a Disco Móbil The Sound Project.