
Este mércores, día 18 de novembro, celébrase en Burela unha xornada dirixida a persoas estranxeiras interesadas no emprendemento e en coñecer os recursos dispoñibles para obter, modificar ou manter unha autorización de residencia e traballo. Será na Casa do Concello de 11:00 a 13:30 horas.
O Concello de Burela explica que é unha actividade gratuíta, con prazas dispoñibles ata esgotar capacidade a través dos números 695.233.648 ou 655.167.083.


