Burela acolle os días 23 e 25 de setembro os obradoiros 'Sexualidade na Adolescencia' e 'Alimentación na infancia'

Burela acollerá os días 23 e 25 de setembro, martes e xoves, os obradoiros titulados Sexualidade na adolescencia e Alimentación na infancia.

O Concello de Burela explica que son “dúas xornadas gratuítas dirixidas a pais, nais, coidadores/as e a todas aquelas persoas interesadas en comprender mellor a realidade da sexualidade na adolescencia e para coidar da saúde dos máis pequenos a través da alimentación”.

Serán no salón de actos da antiga biblioteca municipal de Burela o día 23 (Sexualidade na adolescencia) e o 25 de setembro (Alimentación na infancia) de 16:00 a 21:00 horas.

As inscricións para participar poden facerse a partir deste martes, 16 de setembro, na Casa do Concello de Burela ou a través do teléfono 982.586. 000.