Ribadeo
A observación astronómica prevista para hoxe en Ribadeo queda posposta para o vindeiro domingo, 28 de agosto, por mor da climatoloxía adversa para a realización desta actividade.
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.
En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, terá lugar finalmente este domingo, dia 28. Comezará as 21:00 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques ás 21:45 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán...
leer másA firma Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013) acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e ofrece condicións vantaxosas para socios e socias do colectivo empresarial así como para empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.
Vitaldent pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan aforrar no coidado da súa saúde.
Para iso segundo explicou, Jesús Pérez, xerente de Acisa, “a oferta vai dirixida a empresarios asociados a Acisa Ribadeo, empregados destes establecementos e aos seus familiares. A devandita promoción consiste en ofrecer un desconto do 50% en implantes e un 20% en tratamentos de ortodoncia. Promoción válida para presupostos aceptados ata o 7 de setembro do presente ano. Estes descontos non son acumulables a outros e/ou...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece o seu concerto de música de cine este domingo, día 28, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta ocasión está dirixido fundamentalmente @s nen@s e aos seus pais e avós.
O director da Banda ribadense, David Ballester, explica que “é un concerto creo xa que bastante coñecido por todos, que tivo moitísima aceptación dende que o retomamos. Ímolo facer o domingo 28 e quero resaltar que houbo un cambio de hora e de ubicación respecto aos anos anteriores: vai ser no auditorio Hernán Naval ás oito e media da tarde. Imos interpretar un repertorio que está dirixido sobre todo aos nenos, aínda que aos pais obviamente tamén porque hai obras que os pais viron cando eran nenos. Entón queremos que sobre todo os nenos veñan a ver o concerto, xa saben que é a nosa música acompañada con imaxes...
leer másAcisa Ribadeo organiza una nueva edición de su Mercado de Rúa, que se celebrará los días 26, 27 y 28 de agosto. La asociación de comerciantes ribadense sacará los productos a la calle con grandes descuentos el último fin de semana de agosto. Con esta iniciativa pretende animar las compras en la despedida del verano y a punto de dar comienzo el nuevo curso escolar.
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, señala que “con esta cita tratamos de sacar los productos a la calle, haciéndolos más atractivos y accesibles para el comprador, además de aprovechar de este modo el último fin de semana de rebajas. En este momento hay catorce establecimientos participantes, número que seguro que aumentará el fin de semana. Cabe destacar que aunque no todos saquen sus artículos a la calle prácticamente todos siguen de rebajas y es una oportunidad única para...
leer másA música e a moda dos anos 60 e 70 encherán de son, de luz e dun ambiente vintage o parque de San Francisco este sábado, 27 de agosto.
Alí vaise celebrar a partir das 20:30 horas o Guateque, que organiza a Comisión de Festas de Ribadeo coa colaboración de Acisa. O obxectivo é recadar fondos, por parte da comisión de festas para a celebración das patronais. Ás oito e media da tarde dará comezo ese Guateque dos anos 60 e 70. A cita estará amenizada con música desa época.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, considera que “é unha boa forma de despedir practicamente o mes de agosto en Ribadeo. O Guateque é unha cita moi bonita pola que hai moita xente agardando e despois do parón da pandemia, creo que será unha xornada na que todos e todas o pasaremos en grande. E ademais é unha maneira de colaborar coa comisión de...
leer másEste venres, 26 de agosto, chega a Ribadeo o Festival Locos por Galicia de Los40Classic, coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.
Este festival contará coas actuacións de Rafa Sánchez e de OBK. Dará comezo ás 22:00 horas no aparcadoiro municipal con entrada libre.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima a acudir a este festival: “para gozar coa música de Rafa Sánchez e de OBK e viaxar no tempo ata as décadas máis brillantes destas formacións aló polos anos 80 e 90”.
Do 23 ao 26 de agosto celebrase en Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Terá unha duración de 32 horas e conta coa homologación da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “o día 23, martes, comezará o Fórum, neste caso a once edición, cun esquema de traballo mais ou menos similar a anos anteriores. É unha actividade aberta como o ano pasado a toda a xente que queira vir, dentro do aforo que hai de 50 asistentes. Neste momento hai inscritos sobre 40, é dicir que habería 10 prazas dispoñibles para poder asistir”.
Como empresa convidada este ano está Buxo Especial Trucks, de A Pontenova. Doural explicou que “contamos con empresas de anos anteriores, como...
leer másAta o 4 de setembro pódese visitar na rúa San Roque, de Ribadeo, a exposición Os nosos océanos, de Afundación. A mostra foi inaugurada este mediodía. Ao acto asistiron as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Pilar Otero e Mónica Freire, xunto ao alcalde en funcións, Pablo Vizoso, así como a responsable de Relacións Institucionais en Ourense e Lugo de Afundación, Obra Social de Abanca, Beatriz Fernández, e representantes da entidade bancaria en Ribadeo e na Mariña.
O rexedor declarou: “estamos moi agradecidos á obra social de Abanca por traer esta exposición fotográfica de carácter itinerante, que vai estar dispoñible ata o 4 de setembro para o disfrute de todos os ribadenses e de todas as persoas que teñan a ben visitarnos. É unha mostra que trata sobre a riqueza mariña, sobre a conservación dos nosos mares e océanos e que mostra...
leer más