Ribadeo
O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do programa As parroquias en marcha, que se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 30 de xuño. Para participar nestas actividades de lecer as persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse nas escolas das parroquias ou chamando ao teléfono 625 10 42 74.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias…”.
A edil ribadense sinalou que “as actividades vanse facer nas diferentes parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son totalmente gratuítas e van comezar xa o 30 de xaneiro”.
Freire Rancaño engadiu que “se trata dun programa que ten moi boa acollida...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar o 26 de xaneiro no salón de actos da antiga casa sindical.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará dirixida e aberta a toda a cidadanía. Na mesma abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e como evitalos. E xa ás oito a charla terá como destinatario a todo o empresariado. Neste caso a Garda Civil falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder previlos e así evitalos”.
Para a organización desta actividade Acisa conta coa...
leer másA vindeira fin de semana arrinca a programación formativa de Apaga para este 2023. Será cun curso de soldadura con electrodo revestido, que se impartirá en Ribadeo.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “iniciamos unha nova etapa a nivel da formación continua que estamos impartindo e vamos facelo con 3 cursos de soldadura: un de electrodo revestido, de 16 horas e que vai ser os días 21 e 22 de xaneiro; outro de MIG/MAG, tamén de 16 horas, os días 4 e 5 de febreiro; e outro de TIG, tamén de 16 horas, os días 11 e 12 de febreiro”.
Doural contou que “a continuación vaise iniciar o plan de formación, que se desenvolverá ata o mes de xuño, con distintas accións relacionadas cos vehículos: desde cousas que están aterrando nestes momentos e aínda non teñen todo o...
leer másAcisa sorteou esta noite na XII Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos vindeiros dous meses, é dicir ata o 14 de marzo.
Desde o pasado 15 de decembro Acisa repartiu 150.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados. Máis do 80% foron introducidas na urna instalada na carpa situada no parque de San Francisco e na que se celebrou o sorteo esta noite.
O premio non presencial foi para o número 90.316. A persoa posuidora desta papeleta disporá de 15 días, ata o 27 de xaneiro, para poder reclamalo na oficina da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
O premio de 2.000 euros en vales de compra foi para Cruz Fernández, de Ribadeo, aínda que o recolleu unha...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 19 DE ENERO
VIERNES 13 , SÁBADO 14 Y DOMINGO 15
SALA 1 18:00, “EL GATO CON BOTAS: EL ÚLTIMO…”
SALA 1 20:30-23:00 “M3GAN”
SALA 2 19:00, “AVATAR: EL SENTIDO DEL AGUA”
SALA 2 23:00, “OPERACIÓN FORTUNE: EL GRAN…”
LUNES 16
SALA 1 20:30, “OPERACIÓN FORTUNE: EL GRAN…”
SALA 1 23:00 “M3GAN”
SALA 2 20:30, “AVATAR: EL SENTIDO DEL AGUA”
MARTES 17(DÍA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30, “OPERACIÓN FORTUNE: EL GRAN…”
SALA 1 23:00 “M3GAN”
SALA 2 20:30, “AVATAR: EL SENTIDO DEL AGUA
MIÉRCOLES 18 (SIN FUNCIÓN)
JUEVES 19
SALA 1 20:30, “OPERACIÓN FORTUNE: EL GRAN…”
SALA 1 23:00 “M3GAN”
SALA 2 20:30, “AVATAR: EL SENTIDO DEL AGUA
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora de novo na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres #Galegas Dixitais.
O edil Pablo Vizoso explicou que “esta formación vai dirixida a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, co obxectivo de mellorar as súas competencias informáticas de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e tamén reducir a fenda de xénero que existe no acceso e no emprego das novas tecnoloxías”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “o programa presenta un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado e está dividido en tres bloques, de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas; competencias dixitais avanzadas; e competencias...
leer másEn Ribadeo o 14 de xaneiro terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios.
O vindeiro sábado, 14 de xaneiro, terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros premios. O sorteo, que tras a pandemia volve ser presencial, terá lugar na carpa instalada no parque de San Francisco.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “volvemos a recuperar o formato presencial deste importante sorteo da campaña de Nadal de Acisa, coorganizada este ano xunto ao Concello de Ribadeo. A última vez que fixemos este sorteo con público foi en xaneiro de 2020, unhas semanas antes de que o covid aparecese nas nosas vidas, e agora que volvemos á normalidade quixemos que a xente asista de novo en vivo e en directo a este evento”.
Cruzado Iglesias subliñou que “haberá cadeiras para acoller a 300 persoas no interior da carpa instalada no parque de San Francisco. É o aforo calculado e...
leer másLa galería ribadense Terra Branca convoca la novena edición del Concurso de Cartas de Amor.
José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, anima a participar en esta consolidada cita: “solo tenéis que escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor a vuestra pareja, a vuestra familia, a vuestras pasiones, a la vida, a la tierra, a vuestras mascotas… la obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que no cumplan dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante.
Y pueden estar redactadas en gallego o castellano”.
El premio será una magnífica figura de cerámica gallega. Tras la deliberación del jurado formado por Mariángel Leal (artista), Isabel Buján (fotógrafa) y José Ramón...
leer másSerán a antesala do Entroido. A venda de tíckets será ata o 27 de xaneiro. As prazas están limitadas a 300 persoas.
A comida será nunha carpa climatizada o 4 de febreiro a partires da unha do mediodía. Haberá primeiro sesión vermú co Dúo Ciclón e despois servirase o cocido completo con porco celta, a cargo de Taboada. O menú estará composto por grelos, cachola, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño ou refresco, café, chupito e postre (orellas feitas pola veciñanza de Vilela).
Despois do xantar actuarán o Dúo Ciclón e o Dúo Belinda.
O prezo por comensal será de 30 euros. As nenas e os nenos hasta 12 anos pagarán 15 euros.
A organización conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.












