Ribadeo
A nena Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, é a gañadora do concurso Polos nosos negocios, que foi convocado por Acisa co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais tras este tempo de confinamento.
Desde a directiva de Acisa lembran que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local e mais agora, despois de dous meses de peche obrigado pola chegada da pandemia do Covid-19”.
Foron unha ducia os traballos presentados por nenos e adultos nos que empregaron diferentes técnicas de deseño e apostaron por diferentes lemas. A xunta directiva de Acisa analizou os traballos e realizou unha votación da que saíu elixido o cartel e o slogan de Carla García López. No debuxo,...
leer másGráficas Ribadeo estrena servicio de láser y rotulación. La empresa, creada en 1998, elabora mamparas personalizadas, pvc´s de pared y sobremesa e indicadores de suelo. Todo con el objetivo de que los negocios se adapten a la nueva situación ocasionada por el Covid-19.
La firma ribadense ofrece este nuevo servicio que se une al trabajo que viene desarrollando desde hace 22 años y que hasta la fecha estaba centrado en el diseño, las impresiones offset y digital y la serigrafía.
El propietario de Gráficas Ribadeo, Gráficas Vegadeo e Iriarte Artes Gráficas, Francisco Iriarte Quintana, señala que “ponemos en marcha este nuevo servicio, el de láser y rotulación, con la intención de ampliar nuestra cartera de clientes y para ofrecer un abanico de trabajos lo más amplio posible”.
Iriarte...
leer másEl restaurante Marinero, de Ribadeo, ofrecerá servicio de comida a domicilio este fin de semana, con motivo de la celebración del Día de la Madre.
El gerente del establecimiento, Roberto Rivas, explica que “después de un tiempo sin actividad debido a la pandemia de coronavirus, hemos decidido estar de nuevo con nuestros clientes para servirles comida a domicilio, con todas las medidas de seguridad necesarias, para lo que hemos conseguido el material suficiente. Haremos servicio a domicilio para celebrar el Día de la Madre este fin de semana, sábado 2 y domingo 3 de mayo”.
Entre las propuestas que ofrece el restaurante Marinero, de Ribadeo, para servir a domicilio este fin de semana hay diversos arroces, mariscos y pescados, según disponibilidad.
Los pedidos, que servirá en el municipio...
leer másA Concellaría de Cultura ofrecerá estabilidade á danza na programación do último cuatrimestre do ano. A primeira actuación, prevista para xuño, trasládase ao 20 de setembro.
A edil Pilar Otero contou que “hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Na Concellaría de Cultura temos previsto ofrecer a partir de agora unha mínima estabilidade deste xénero na nosa programación. Para isto, na medida en que a evolución da pandemia o permita, na oferta cultural do período comprendido entre os meses de setembro e decembro xa hai previstas dúas funcións de danza”.
A concelleira de Cultura explicou que “a primeira delas rescátase do deseño cultural deste mes de xuño e trasládase ao 20 de setembro ás 17:30 horas, o habitual nas propostas para os máis pequenos da casa. O título é Blowing, da compañía catalá...
leer másAcisa repartirá dúas mil postais e cincocentas chapas para celebrar o Día da Nai. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo subliña que “se trata dunha campaña modesta, pero non queremos pasar a oportunidade de felicitar ás mamás nesta época tan complicada que nos toca vivir. A situación é difícil, pero hai que tentar darlle normalidade a todo isto na medida das nosas posibilidades”.
A postal leva a seguinte mensaxe: “Como un fillo a unha nai o comercio e a hostalaría ribadense precísante mais ca nunca. Xuntos volveremos. Merca e consume en Ribadeo. Hoxe máis ca nunca, ti dásnos a vida”. E a chapa pon Prohibido renderse: “non podemos rendernos nin na casa nin nosos negocios. Veñen tempos complicados, pero xuntos lograremos saír adiante”.
A Asociación de Comerciantes de Ribadeo...
leer másA Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade, lanza a campaña #AxudémoNOS” co obxectivo de apoiar todo tipo de negocios de Ribadeo que estean pechados temporalmente por mor do Covid-19, e así incentivar as compras neste sensible momento de corentena.
A edil Pablo Vizoso explicou que “co lema Compra agora e goza despois, este programa levárase a cabo a través dunha campaña que integrará unha plataforma de intermediación onde os establecementos poderán ofrecer os seus produtos ou servizos agora para que os seus clientes os consuman cando remate a corentena. Será a través de bonos prepago”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “poderán adherirse gratuitamente os negocios de Ribadeo que nestes momentos se atopen pechados por...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, organiza un novo curso a través da súa plataforma de formación on line. Versará sobre vehículos eléctricos e terá unha duración de 100 horas. A inscrición estará aberta ata finais do presente mes de abril. Na actualidade xa hai 20 persoas anotadas. O curso dará comezo en maio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “está xa na nosa web un curso de vehículos eléctricos, con seis apartados totalmente definidos: introdución ao vehículo eléctrico, sistema de almacenamento de enerxía, tracción eléctrica, motores eléctricos empregados nos sistemas de tracción, deseño e integración do conxunto motor e pack de baterías, e finalmente compoñentes adicionais de xestión e control. Este é un curso on line de 100 horas e está aberto a toda a xente que queira facelo. Os...
leer másAs axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo convocan en facebook un concurso de fotos e vídeos que representen unha viaxe desde a casa incluíndo un elemento gastronómico típico do lugar elixido.
O xerente de Viaxes Eroski en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica as bases do concurso: “tod@s aqueles que queirades participar teredes que colgar no voso muro de facebook, etiquetando a Viajes Burela Ribadeo e co hashtag #viaxequedatenacasa, unha foto ou vídeo dunha Viaxe Queda na Casa Gastronómica, representando unha viaxe virtual e introducindo o elemento gastronómico típico da zona ou país representado. O concurso terminará o 3 de maio as 21:00 horas. O premio consistirá nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas e será para a foto ou vídeo máis votado”.
Pedro Fraga engade: “...
leer másAcisa Ribadeo amplía ata o 30 de abril o prazo de presentación de traballos ao concurso Polos nosos negocios. Unha ducia de persoas xa enviaron as súas obras. En xogo están 300 euros en vales de compra. Trátase de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir tamén na súa hostalería.
Nas bases explícase que “o tema no que se debe inspirar o cartel é chamar á poboación para apoiar ás pequenas empresas, hoteis e servizos en Ribadeo, cando remate esta situación ocasionada polo coronavirus. Ten que insistir no positivo de mercar nas pequenas tendas e consumir na hostalería local para revitalizada despois de atravesar por unha mala situación. O slogan debe ir na mesma liña e debe ser claro, conciso e directo. E non de poderán empregar palabras que aludan á actual situación, como...
leer másLa galería Terra Branca, que permanece cerrada durante el estado de alarma, ha decidido rendir homenaje a Ribadeo a través de la obra pictórica de Mariángel Leal. Y lo ha hecho con un vídeo que ha colgado en las redes sociales y que ya supera las 2.000 visitas.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “aunque la galería está cerrada aprovechamos este tiempo de confinamiento en casa para darle rienda suelta a nuestra creatividad. Y apoyándonos en la obra pictórica de Mariángel Leal hemos hecho un vídeo para rendirle homenaje a Ribadeo y para decirle a la gente que aquí seguimos y que aquí les esperaremos en cuanto toda esta situación se normalice”.
En el vídeo elaborado por Terra Branca Audiovisuais se pueden ver cuadros de Mariángel Leal en los que se observan el puerto, la Illa Pancha, la...
leer más