Ribadeo
Acisa Ribadeo organiza unha nova das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de outubro. Tamén o 25 máis de vinte comercios participarán na Noite Aberta. As tendas abrirán ata as 21:30 horas.
Vinteún establecementos de hostalería participarán nas xornadas coas súas elaboracións da mellor gastronomía asturiana. Estes locais son: O Tumbín, Cienfuegos, O Lar de Manolo, La Botellería, A Dorada, Galipizza, Porta Norte, Bar Galicia, O Alén, Chamaye Estopa, O Cabazo, Costa Verde, Delicates, Queimada, Rosa Lar, La Solana, El Rincón del Gordo, Náutico, Mesón Morriña, La Lira e Mesón O Indiano. Estes locais ofrecerán tapas e menús especiais ao longo da última fin de semana do mes de outubro.
Acisa Ribadeo programou ademais varias actuacións musicais para amenizar esta cita...
leer másEn Cine Ribadeo estrenan "Maléfica: maestra del mal". Continúan en cartelera "Joker" y "Abominable".
CARTELA CINE RIBADEO HASTA EL 23 DE OCTUBRE
JUEVES 17
-“O que arde” – 20:30 horas
-“Joker” – 23:00 horas
-“Abominable” – 20:30 horas
-“Downton Abbey” – 23:00 horas
VIERNES 18 Y SÁBADO 19
-“Maléfica: Maestra del mal” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Abominable” – 18:00 y 20:30 horas
-“Joker” – 23:00 horas
DOMINGO 20
-“Maléfica: Maestra del mal” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Abominable” – 18:00 horas
-“Joker” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 21 Y MARTES 22 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Maléfica: Maestra del mal” – 20:30 y 23:00 horas
-“Joker” – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 23 (SIN ESPECTÁCULO)
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ao santuario francés de Lourdes, a Zaragoza e a Bilbao durante a ponte de Todos os Santos, do 1 ao 3 de novembro.
A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa, seguro de viaxe e excursións con guía. O prezo é de 230 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
Acisa colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas.
Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”.
Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”.
A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 16 DE OCTUBRE
JUEVES 10
-“Joker” – 20:30 y 23:00 horas
-“Rambo Last Blood” – 20:30 horas
-“Downton Abbey” – 23:00 horas
VIERNES 11, SÁBADO 12 Y DOMINGO 13
-“Abominable” – 18:00 y 20:30 horas
-“Downton Abbey” – 23:00 horas
-“Joker” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
LUNES 14 Y MARTES 15 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Abominable” – 20:30 horas
-“Downton Abbey” – 23:00 horas
-“Joker” – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 16 (SIN ESPECTÁCULO)
Do 11 de outubro ao 14 de novembro terá lugar o Ciclo de Músicas Comunais nas Parroquias, que organiza a Concellaría de Cultura coa colaboración da asociación A Tribo da Travesía. Serán catro actuacións que terán lugar nas igrexas de Ove e da Devesa, na escola de Cedofeita e no teleclube de Santalla. No acto de presentación que tivo lugar esta tarde na igrexa da Devesa participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero; o párroco Pepe Boullosa, a cantante Ugía Pedreira, e Eduardo Rodríguez, da asociación de veciños de Cedofeita.
A edil ribadense contou que “comezamos neste último trimestre do ano un pequeno ciclo de música nas parroquias que supón unha clara aposta pola programación cultural en territorios rurais que rodean e, ao noso modo de ver, enriquecen, a vila de Ribadeo. Xa comentamos en varias ocasións que tiñamos ganas de...
leer másO vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a XII Feira da Horta, nas inmediacións da praza de abastos de 9 a 14 horas. Con esta cita rematará a tempada estival do Mercado dos Domingos, que se ven celebrando desde principios do verán.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembra que “esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival do Mercado dos Domingos. Está organizada polo Concello Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira “.
Vizoso subliña que “este evento ten coma obxectivo promocionar o consumo de proximidade e local, o apoio aos nosos produtores e a mellora da economía do noso concello”.
O edil ribadense conta que “a feira dará comezo as 9:00 horas na contorna da praza de abastos, onde...
leer másA película O que arde, de Óliver Laxe, vaise proxectar a vindeira semana en Ribadeo. O día 15 haberá un pase para os centros de ensino e ao remate o director participará nun coloquio cos asistentes e o 17 de outubro será o pase para o público xeral, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil ribadense dixo que “no Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Cultura, xestionamos a presenza nos cines comerciais a proxección de O que arde, a película de Óliver Laxe, que está a ter un grande éxito de crítica e público, de feito temos moita xente preguntando por ela”.
Pilar Otero sinalou que “se trata dun filme galego que acadou o premio do xurado no Festival Internacional de Cannes 2019 e tamén recentemente foi premiado no Festival de San Sebastián. Supoño que de aí ven todo este...
leer másJosé Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Viaxes Eroski, en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o persoal da oficina de Viaxes Eroski.
José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero, habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou a axenda para último trimestre desde 2019. Haberá teatro afeccionado e teatro profesional. Desde Arxentina chegará o grupo El Vacío Fértil. A música tamén centrará a programación do Concello e así o 9 de novembro actuará en Ribadeo a compositora, cantante e contrabaixista estadounidense Tonina Saputo e o 17 de novembro estará en Ribadeo Xoán Curiel. Tamén pasarán por aquí a Coral Los Corrales de Buelna, de Cantabria, e o Quinteto de acordeonistas Lagunak, de Euskadi.
A edil nacionalista dixo que “a parte das propostas da Mostra de Teatro Daniel Cortezón, que se celebra desde hoxe e ata o domingo, neste trimestre actúan en Ribadeo e dentro do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, dous grupos de Foz: Axóuxeres con Un divorcio no pobo e Touporroutou con Comedia Bífida. O teatro afeccionado...
leer más