Ribadeo
A xefa de Estudos do colexio Sagrado Corazón de Xesús, de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, anuncia que “este luns 25, en horario de mañá ás dez e media e de tarde ás tres e media, e o xoves 28 en horario de mañá, ás dez e media, imos facer unhas xornadas de portas abertas para que os pais que teñan interese poidan visitar o centro e ver como traballamos”.
Sanjurjo engade que “facémola neste horario para que sexa unha visita en momentos nos que hai nenos, para que os pais vexan como traballamos en distintos niveis. Facémolo polo interese dos que queiran entrar no noso centro, aos tres anos ou en calquera nivel, e tamén para que vexan o centro de arriba a abaixo porque cando unha persoa decide levar ao seu fillo a un centro escolar non o fai só polos primeiros anos de vida senón polo que ven a continuación. Queremos que vexan todo o centro e...
leer másAs axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo organizan unha viaxe en grupo a Croacia desde A Mariña para a Semana Santa, concretamente do 18 ao 21 de abril. O número de prazas é limitado a 35 persoas polo que os interesados deben reservar canto antes.
O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica que “o día 18 de abril temos unha saída desde A Mariña, en autobús ao aeroporto de Asturias, para facer unha viaxe a Croacia, concretamente a Dubrovnik. É un vo directo de pouco máis de tres horas”.
Pedro Fraga engade que “imos estar desde o 18 ata o 21 de abril pasando eses días da Semana Santa en Dubrovnik. Ofrecemos un paquete que vale 920 euros e que inclúe o autobús desde A Mariña, para que o cliente non se teña que preocupar de nada máis, a estancia de catro días nun hotel de catro...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 27 DE FEBRERO
JUEVES 21
-“Alita: Ángel de combate” – 20:30 y 23:00 horas
-“Green Book” – 20:15 y 23:00 horas
VIERNES 22, SÁBADO 23 Y DOMINGO 24
-“Dragon 3” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Alita: Ángel de combate” – 18:00 y 20:30 horas
-“Green Book” –23:00 horas
LUNES 25 Y MARTES 26 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Dragon 3” – 20:30 y 23:00 horas
-“Alita: Ángel de combate” – 20:30 horas
-“Green Book” –23:00 horas
A Concellaría de Servizos Sociosanitarios organiza unha actividade para o coidado da espalda, dirixida a toda a poboación ribadense.
Realizarase durante os meses de marzo, abril e maio. Terá lugar na Casa da Xuventude e desenvolverase os martes e xoves, de 17:30 a 18:30 horas.Esta actividade dará comezo o 7 de marzo.
É gratuíta e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse na OMIX-Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero-15, ou chamando ao número de teléfono 982 129 889. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro luns, 25 de febreiro.
A gaiteira Susana Seivane presentará o seu último traballo FA en Ribadeo este sábado, 23 de febreiro. Deste xeito o Concello celebrará o Día de Rosalía de Castro. Esta tarde compareceron en rolda de prensa no Salón de Plenos Susana Seivane e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense dixo que “para o Concello de Ribadeo é un pracer e unha honra ter connosco a Susana Seivane, hoxe neste Salón de Plenos, e este sábado, 23 de febreiro, ás nove da noite no auditorio municipal Hernán Naval, coa súa música, co seu saber facer, coa súa arte e con toda a súa traxectoria e a súa experiencia que merecen toda a nosa consideración e admiración”.
Graña animou “a todas as persoas que poidan a asistir a este concerto, porque é unha ocasión única e para nós unha ocasión moi especial de celebrar o Día de Rosalía....
leer másO vindeiro luns, día 18, celébrase do Día Mundial da Síndrome de Asperger. Para conmemorar esta data a asociación Capaces, o Concello e Cine Ribadeo organizan unha sesión de cine en familia destinada a aquelas persoas cunha sensibilidade especial ás necesidades das persoas con autismo.
A película que se proxectará será “La Lego Película 2” ás 18:00 horas e o prezo das entradas será de 4,50 euros.
Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios animan “a asistir a esta cita para así amosar o apoio da veciñanza a aqueles nenos e nenas con Síndrome de Asperger”.
Acisa Ribadeo celebrará este ano, na súa Gala anual, dous importantes eventos: a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.
A VIII Gala de Acisa terá lugar no Parador de Turismo de Ribadeo o 22 de febreiro ás 21:30 horas. Previamente haberá un photocall “para que todos e todas os que desexen teñan un recordo da velada. Animamos a todos a asistir con tempo suficiente para facer as fotos e aproveitar e intercambiar impresións entre os asistentes”, explican desde a directiva de Acisa. E lembran que “esta cita é aberta a todo o público que queira acompañar aos homenaxeados nesta edición e aos asociados e asociadas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.
Os...
leer másA comisión de Entroido ribadense acompañada dun grupo de colaborador@s está a ultimar os preparativos para sacar a diante o programa que Ribadeo se merece.
Ao longo destes días, comezarán a pedir a colaboración entre a hostalería e o comercio ribadense, co fin de recadar fondos que irán destinados, entre outras cousas, aos premios que se repartirán no desfile do Martes de Entroido.
O programa de actividades dará comezo os días 23 e 24 de febreiro coa Festa dos Freixós no Teatro. Así, xa dende o sábado a partir das 12.00 da mañá poderase degustar esta sobremesa típica do Entroido.
O sábado, 2 de marzo, ás 21.00 horas no Teatro continuará a programación coa celebración da Gala do Entroido, que xirará entorno a unha temática concreta: a música. Unha hora antes os membros da Carroza do...
leer másEste sábado, 16 de febreiro, na Librería Bahía, en Foz e en Ribadeo, terá lugar a presentación do libro de cociña titulado Receitas Pequerrechas, de Rocío García Caramés, editado por Galaxia e destinado a nenos e nenas.
A autora presentará o libro cun obradoiro de cociña baseado nas receitas que se recollen nel. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Na Librería Bahía en Foz a presentación será ás 12:00 horas. Na Librería Bahía-Xoguetería Din y Don en Ribadeo ás 17:00 horas.
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 20 DE FEBRERO
JUEVES 14
-“La favorita” – 20:30 y 23:00 horas
-“Bajo el mismo techo” – 20:15 y 23:00 horas
VIERNES 15, SÁBADO 16 Y DOMINGO 17
-“Alita: Ángel de combate” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“La Lego película 2” – 18:00 horas
-“Green Book” – 20:15 y 23:00 horas
LUNES 18 Y MARTES 19 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Alita: Ángel de combate” – 20:30 y 23:00 horas
-“Green Book” – 20:15 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 20 (SIN ESPECTÁCULO)