Ribadeo
10/06/2015
En Ribadeo celebrarase os días 12 e 13 de xuño o I Torneo de Basket Base que organiza o CB Ría de Ribadeo coa colaboración do Concello. Dez equipos galegos acudirán a esta cita, segundo deron a coñecer esta mañá José Antonio Sama Díez, director deportivo do club organizador e o concelleiro de Deportes en funcións, Vicente Castro.
O edil nacionalista explicou que “este torneo é unha novidade en Ribadeo, xa que é o primeiro de basket base que se celebra na nosa vila, pero forma parte desta xeira de torneos que se disputan en Ribadeo ao remate do curso das escolas deportivas ou das tempadas de competición. Estes torneos encádranse no chamado turismo deportivo, que atraen a Ribadeo a moita xente de Galicia, doutros puntos de España e de Portugal. Isto permite que os nosos...
leer más 08/06/2015
Ribadeo ultima os preparativos da súa segunda festa indiana que se celebrará do 10 ao 12 de xullo, datas nas que se renderá homenaxe a aquelas persoas que un día deixaron a súa terra na procura dun futuro mellor. Os organizadores, Concello e Acisa, agardan que o segundo Ribadeo Indiano sexa un éxito. O programa inclúe visitas guiadas, música, teatro, talleres, gymkanas, mercado de ultramar… O evento foi presentado no parque de San Francisco polo alcalde, Fernando Suárez, e polo secretario de Acisa, Roberto Rivas, nun descanso da rodaxe do vídeo promocional da festa.
O rexedor lembrou que “Ribadeo, como tantos outros sitios, tivo unha historia triste, en moitos casos, e agradable, nalgúns menos, relativa á emigración. Moita xente tivo que marchar de aquí para procurar vida...
leer más 04/06/2015
Un total de 60 equipos e arredor de 3.000 persoas chegarán a Ribadeo durante as vindeiras tres fins de semana para participar nos torneos de fútbol base organizados pola SD Ribadeo. Os eventos foron presentados esta mañá no salón de plenos do Concello. O primeiro en disputarse será o VIII de Fútbol Infantil os días 6 e 7 de xuño no estadio Pepe Barrera. Seguirá os días 13 e 14 de xuño co XII Torneo SD Ribadeo nas categorías benxamín e pre benxamín e os días 20 e 21 de xuño nas categorías alevín e mini prebenxamín.
O concelleiro de Deportes en funcións, Vicente Castro, dixo que “como en anos anteriores, e xa van 12, a SD Ribadeo en colaboración co Concello e coa Deputación Provincial, organiza os torneos internacionais de fútbol base. O que empezou como uns torneos modestos...
leer más 04/06/2015
1.- ORGANIZACIÓN
1.1.- La organización de la Navegación correrá a cargo del Real Club Náutico de Ribadeo y el Club Marítimo San Balandrán de Avilés, dentro de las actividades programadas entre los dos clubs, y tendrá lugar su salida el sábado día 20 de Junio a las 9,00 h. de la mañana desde Ribadeo rumbo a Avilés, en donde se deberá de llegar en torno a las 20,00 h.
Los barcos podrán permanecer en las instalaciones portuarias de Avilés hasta la salida del sábado siguiente sin cargo de amarres.
La salida del puerto de Avilés con rumbo a Ribadeo se efectuará el sábado día 27 a las 8,00 h. para recalar en nuestras instalaciones no más tarde de las 20,00 h.
...
leer más 03/06/2015
O cine volve ao Teatro!
O Teatro de Ribadeo vólvese converter nun cine para acoller a representación de “Soños dun sedutor”, de Woody Allen, a cargo da compañía Tolemia Teatro.
Despois de 3 anos en cartel, nos que tanto a montaxe como os actores e actrices resultaron galardoados en diversos certames, escollen Ribadeo para despedirse do público.
Non faltedes, pasarédelo de cine!
O prezo da entrada será de 2 euros. A representación dará comezo ás 20:30 horas.
03/06/2015
O alumnado de danza da EMMeD de Ribadeo presenta “Alicia no país das maravillas”. Será este venres, 5 de xuño, ás 20 horas no auditorio municipal.
Trátase dunha actuación a favor da loita contra o cancro. Está organizada pola Asociación Española Contra el Cáncer e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O prezo das entradas será de 4 euros.
27/05/2015
En Ribadeo da comezo a segunda parte do programa Ribadeo medra contigo, que estará destinada a dinamizar e impulsar as pequenas empresas e a mellorar a xestión do seu negocio. Esta segunda fase está composta de tres módulos: xestión administrativa, márketing e marca persoal. O módulo de xestión administrativa será os días 9, 10 e 11 de xuño. A inscrición xa está aberta no Concello.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez dixo que “queremos iniciar a segunda parte deste Ribadeo medra contigo, na que queremos axudar a dinamizar e a impulsar as pequenas empresas e os comercios que estean establecidos dentro do noso territorio. Tamén a esas persoas que están decididas, nestes momentos tan complexos, a emprender. Para iso queremos axudar e poñer en...
leer más 26/05/2015
Este sábado, 30 de maio, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Durante 8 horas técnicos, alumnos e profesores de automoción recibirán formación sobre a reprogramación de centralitas. Trátase dunha nova actividade formativa para realizar durante varios sábados ao ano. A seguinte será o 4 de xullo. A inscrición para o segundo fin de semana tecnolóxico está aberta. Estas actividades desenvolveranse no hotel O Cabazo, de Ribadeo.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “este proxecto nace polas peticións do sector empresarial da automoción e tamén do profesorado no ensino. É unha nova experiencia, un novo formato, no que os sábados durante 8 horas aproximadamente se pretende...
leer más 26/05/2015
Movemento saudable no forte, así se denomina a actividade organizada polo CIM de Ribadeo que terá lugar o vindeiro 14 de xuño. Está destinada a toda a familia.
A xornada dará comezo ás 10:30 horas no Cantón dos Moreno, para saír camiñando ata o Cargadeiro. Alí terá lugar a clase de 11:15 a 12:15 horas. E ao remate @s asistentes tomarán uns pinchos tod@s xunt@s.
O prazo de inscrición para participar nesta actividade está aberta na Casa da Xuventude. A cota é de 5 euros. Desde o CIM explican que para asistir “a esta cita para toda a familia é preciso levar gorra para resgardarse do sol e tamén unha botella de auga”.
26/05/2015
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a...
leer más