Ribadeo
24/03/2015
A Concellaría de Cultura inicia este xoves, 26 de marzo, como cada curso unha xeira de espectáculos dirixidos aos máis pequen@s e en colaboración con colexios e institutos.
Segundo explica a concelleira Mariluz Álvarez Lastra “téntase que polo menos unha vez ao ano os nenos e as nenas das distintas idades se familiaricen coas artes escénicas á parte de que poidan acudir á programación estable que se ofrece os domingos baixo o nome de A función d@s pícaros”.
A primeira das tres propostas que vai haber ata finais de curso corre a cargo dunha das mellores compañías de títeres do país, Títeres Trompicallo que poñerá en escena a obra Rumpelstikin, o anano saltarín.
Á...
leer más 23/03/2015
O vindeiro mércores, 25 de marzo, terá lugar a segunda proxección do programa Cinensino, segundo informan a Concellaría de Servizos Sociais e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos.
Trátase da película Diamantes negros, dirixida por Miguel Alcantud e ganadora de varios premios. Será no Cine Teatro á 12:00 da mañá e asistirán 207 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, ademais dos titores e titoras.
“Tras a súa visualización, o alumnado traballará as Unidades Didácticas correspondentes a cada película”, explica Mónica Fernández Lamparte.
20/03/2015
Si estos días tienes previsto visitar A Mariña lucense, en el puente de San José o durante la próxima Semana Santa, en www.faroocionorte.com encontrarás un montón de propuestas para disfrutar de las muchas actividades que se organizan en esta comarca. También nos puedes encontrar en facebook y en twiter.
Y si además quieres gozar y dejarte sorprender por el paisaje te recomendamos “La playa de As Catedrais y sus entornos. Los atractivos turísticos de la provincia de Lugo”, que podrás conseguir en la librería Vivín, en Multitienda Teresa, en estanco Luxen, en gasolinera El Jardín, en hotel Fogar do Mariñeiro, en Hipermercado Eroski y en el Parador de Turismo de Ribadeo; en Ofifoz y en librería Bahía en Foz; en librería Lector...
leer más 20/03/2015
Galería Terra Branca acoge una exposición de trabajos cerámicos de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña). José Ramón Leal, propietario del establecimiento ribadense, destaca la imaginación desbordante de los autores de las piezas y anima a visitar la muestra “con ánimo de dejarse sorprender”.
APEM, asociación que preside la ribadense Antonia Pérez Amieiro, expone en Terra Branca algunos de los trabajos realizados por los enfermos a los que prestan atención. José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, asegura que “esta colección es una aportación de la asociación APEM de A Coruña. Hemos tenido un acercamiento a través de su presidenta, Antonia Amieiro, que es de Ribadeo. Vinieron a visitarme, surgió una cierta amistad y a partir de ahí la idea de tener unas...
leer más 17/03/2015
O Quinteto de Acordeóns Lagunak, de Vitoria-Gasteiz, interpretará clásicos de Henry Purcel, Víctor Gutiérrez, Vivaldi, Vittorio Monti, Rossini , Ketelbey ou Sorozábal.
O Quinteto de Acordeóns Lagunak creouse no ano 2001. Está formado por ex compoñentes da Orquestra de Acordeóns Lagunak, cunha longa traxectoria musical cuxo obxectivo foi sempre dar a coñecer o acordeón coma un instrumento sinfónico, sen esquecer a súa faceta máis popular.
O concerto terá lugar o sábado, 21 de marzo, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O prezo da entrada será de 2 euros.
17/03/2015
Un dos grupos favoritos d@s nenos e nenas de Ribadeo… Migallas Teatro, chega este venres, 20 de marzo, ao Cine Teatro co espectáculo “Vai ser boa!”
“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo.
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros,...
leer más 17/03/2015
O Grupo de Montaña Peña Tallada, de Ribadeo, fará unha viaxe ao Valle de Baztan (Navarra) durante a Semana Santa.
Segundo explican desde a organización o aloxamento será no hotel Urgain en Oronoz-Mugaire. Ata o momento son 38 as persoas inscritas para participar nesta actividade, que inclúe varias rutas: unha polo monte Buciero, en Santoña (Cantabria); outra polo parque natural Señorío de Bertiz; e unha terceira pola Peña Planta/Atxuria e Covas de Zugarramurdi. A viaxe concluirá cunha visita a San Sebastián.
O prezo da habitación dobre é de 44 euros (ive incluído) e da individual de 33 euros (ive incluido). O prezo do xantar ou cea: 11 euros e o almorzó 4 euros.
17/03/2015
Con motivo do roteiro que terá lugar esta fin de semana este xoves, 19 de marzo, Mariña Patrimonio e outras asociacións ecoloxistas e patrimoniais organizan unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30 horas co título “As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico”.
Os organizadores explican que “alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña”.
15/03/2015
A oferta cultural da Mariña luguesa é moi importante, a pesares dos tempos nos que nos atopamos. Hai centos de colectivos e asociacións que organizan infinidade de actos ao longo de todo o ano, así coma os Concellos, outras administracións e tamén a iniciativa privada.
Dos últimos tempos destacaría o concerto do violinista Ara Malikian en Burela hai ano e medio, que encheu a Casa da Cultura. Alí nos atopamos con xente que viaxou desde Lugo e desde outras localidades da Mariña para ver a este espectacular músico, que tamén pasou pola cidade bimilenaria e por Vegadeo. Esta fin de semana, mediados de marzo, estivo en Vigo e causou expectación.
Moi destacable foi hai pouco tempo o concerto que deu en Ribadeo Amancio Prada, para...
leer más 14/03/2015
O próximo mércores, 18 de marzo, ás 20 horas a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da eclipse de sol do 20 de marzo.
Segundo explican "falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que mirar ó sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista. A charla será a preparación para a observación da eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes".
Desde O Tesón sinalan que "o comezo da eclipse será ás 9 e 7 minuto , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as tres cuartas partes do Sol non se poderán...
leer más