Antroido
O Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.
Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.
Todo está listo en Ribadeo para a celebración das xornadas gastronómicas do Antroido, que terán lugar do 13 ao 22 de febreiro. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) e contan coa participación de 11 establecementos hostaleiros.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, sinalou: “desde Acisa decidimos apostar un ano mais polas xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que se van celebrar do 13 ao 22 de febreiro, como actividade dinamizadora da nosa hostalería. Con esta iniciativa queremos render homenaxe aos pratos e produtos típicos destas datas: cocidos, freixós, orellas,… E queremos animar á veciñanza a cumprir coa tradición de celebrar o Antroido con ceas ou xantares de amizades ou familiares, que se reúnen para saborear un bo cocido”.
... leer másTodo está listo en Ribadeo para a celebración do Antroido 2026. O groso do programa desenvolverase entre o 14 e 21 de febreiro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, anuncia: “vimos de presentar o cartel e o programa do Antroido 2026 en Ribadeo. Aínda que o groso do programa terá lugar entre o 14 e o 21 de febreiro xa este sábado e este domingo teremos fereixós na Sala do Campo de 11 a 14 horas”.
A edil ribadense indica que “o día 14 teremos a gala Tu cara me suena con amor, na que se renderá homenaxe aos 40 anos da charanga A Choca. Será a partir das 21:00 horas no Cine Teatro. O domingo 15 sairá o cocho acompañado polas charangas locais Aturuxo e A Choca, esa xornada haberá tamén fereixós e baile infantil na sala Rosa Lar”. Saiz segue a relatar que “o luns 16 haberá cocido do Antroido nunha...
leer másA Queima do Antroido será o 22 de marzo. Así o decidiron o Concello e a comisión organizadora, tras o aprazamento do pasado sábado, debido á alerta meteorolóxica por fortes ventos.
Esa xornada ás 21:00 horas partirá a comitiva fúnebre desde o Cantón, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas de Ribadeo: A Choca e Aturuxo. A Queima do Antroido terá lugar na avenida Rosalía de Castro no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.
Desde o Concello e desde a comisión organizadora animan “a acudir a despedir o Antroido 2025 o vindeiro 22 de marzo. Agardamos que ese día o tempo nos acompañe e que poidamos gozar dun espectacular broche de ouro”.
Ribadeo porá así fin ao Antroido 2025. Atrás quedan a Gala Chuvia de Estrelas, a festa do freixó, o gran cocido...
leer másA saída será ás 17:30 horas desde a Avenida Rosalía de Castro para pasar polas rúas San Roque e Virxe do Camiño, Avenida de Galicia, rúa José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias e rúa Clemente Martínez Pasarón para rematar diante da Casa do Concello.
Concello de Ribadeo e comisión organizadora explican que “debido ao volume de participación decidimos manter o percorrido habitual do desfile do noso Antroido. É certo que se barallou acurtalo un pouco, pero finalmente pensamos que o mellor é que toda a vila poida gozar do noso desfile ao grande, como sempre se fixo, percorrendo as principais rúas de Ribadeo. Adoptamos esta decisión seguindo tamén as indicacións da Policía Local e de Protección Civil”.
Comisión organizadora e Concello animan “a veciños e visitantes a botarse á rúa mañá, martes de Antroido,...
leer másFolgueiro, no concello do Vicedo, celebrará o Antroido este sábado, día 1 de marzo. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido; o prezo de cada ración é de 6 euros. E a continuación, baile co grupo Zona Zero e Disco Móbil Olymρο.
Haberá premios para os mellores disfraces en categorías de grupos, parellas e individuais.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.
Todo está listo para a celebración das xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que terán lugar do 22 de febreiro o 9 de marzo. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA) e contan coa participación de 17 establecementos hostaleiros.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, sinalou que “desde Acisa decidimos apostar, como unha das novidades deste ano, polas xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que se van celebrar do 22 de febreiro ao 9 de marzo, como actividade dinamizadora da nosa hostalería. Con esta iniciativa queremos render homenaxe á gastronomía típica destas datas, que en Ribadeo é tradición celebrar con ceas ou xantares de grupos de amigos e de familias saboreando un bo cocido”.
O xerente de Acisa, Jesús...
leer másO Concello organiza o Antroido 2024 en Ribadeo coa colaboración de Acisa e de diversas empresas, asociacións e colectivos ribadenses. O cartel xa foi presentado.
Coa idea de dinamizar diversos espazos da vila como o da zona vella, o sábado 10 de febreiro a 01.00 da madrugada terá lugar o sorteo de tres grandes premios: 2000 euros en metálico doados polas charangas Aturuxo e A Choca, 500 euros en metálico doados polos locais da zona vella Ribadeo e 200 euros en vales de compra, doados por ACISA Ribadeo.
Non menos importante será o premio que se reparta o domingo 11, Lardeiro, o día máis tradicional do Antroido ribadense, e que ten como protagonistas á Comparsa do Cocho e a figura da Mascarita. Ir vestido de Mascarita será precisamente a chave para poder optar a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos...
leer másO obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...
leer másFolgueiro, no concello de O Vicedo, celebrará o seu Antroido o sábado 10 de febreiro. Está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.
A partir das 20:30 horas haberá degustación gratuíta de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido. A continuación terá lugar o baile amenizado pola orquestra Fuego e a disco móbil Olympo. E entregarán premios aos mellores disfraces nas categorías de grupos, parellas e individuais.












