A Devesa

Etiquetas:
25/06/2026

O libro La parroquia de A Devesa, de Antonio Cuervas-Mons García-Braga, preséntase este sábado, día 27 de xuño, ás 19:00 horas no Círculo Habanero da Devesa. O acto será conducido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.

O Concello de Ribadeo anuncia que “a historia, a memoria e a identidade da Devesa reúnense nunha nova publicación que afonda nas raíces desta parroquia ribadense. Co apoio da Xunta de Galicia”.

21/06/2026

Este próximo venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar o debut en Galicia do dúo Ébano Acústico no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo). O prezo da entrada é de 10 euros.

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Taavesía, que anuncia: “Ébano Acústico é un dúo musical formado pola cantante afroamericana Ebony Joy Phillips e o guitarrista estadounidense-español Alex Fernández. Neste ano 2026 decidiron trasladarse a Galicia tras investigar online o panorama musical galego de rock, blues e jazz e lanzar aquí un proxecto en formato dúo acústico. Phillips é unha cantante dinámica en varios estilos e Fernández, aparte da guitarra, toca batería e baixo con moi bo nivel e tamén é enxeñeiro de audio e produtor con décadas de experiencia profesional. O seu dúo acústico é un formato minimalista: reducidos a voz e...

leer más
Etiquetas:
13/05/2026

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá este venres, día 15 de maio, ás 20:30 horas un concerto das cantautoras Eva Rosado e Celia Pía. O prezo da entrada é de 10 euros.

É un evento organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que explica: “dúas cantautoras do Norte, de Ortegal e do Occidente Asturiano. Eva Rosado, de Castropol, abre con catro temas. Ela compón desde unha parte íntima e intuitiva construíndo cancións "a ratos" cunha guitarra antiga e baixo a crenza que a música traza pontes e une almas.

Logo Celia Pía acompañada de Xavier Melgar (a Buguina Terraquea) ofrece un concerto con temas do seu ultimo disco, Estado Natural, que podedes escoitar en todas as plataformas. As súas cancións son reflexo da súa experiencia vital liberando na composición o que lle...

leer más
06/04/2026

O Círculo Habanero da Devesa acollerá o IX Baile da Travesía este sábado, día 11 de abril, a partir das 20:30 horas.  

Neste evento actuarán os grupos Alimanhas da Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense), Clandestías (Occidente asturiano); Tresmoças (Portugal) e Erikas e Peluxias (A Mariña)

Está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “estamos argallando un baile que vai ser un encontro marabilloso. Temos cantareiras dunha beira e doutra do Eo e dunha beira e doutra do Miño. Auga que nos une e calma a sede. Vide disfrutalo con nós!”.

14/03/2026

A Asociación de Veciños Santa Eulalia da parroquia ribadense de A Devesa organiza a súa segunda comida veciñal para o día 29 de marzo, domingo. Será na explanada do Círculo Habanero.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Puma. Ás 14:30 será a comida, con carpa climatizada e aforo limitado. Haberá sorteos e baile.

24/12/2025

O grupo musical As Tareixas actuará no Círculo Habanero da Devesa, parroquia do municipio de Ribadeo, este venres, día 26 de decembro, ás 20:30 horas.

É unha actuación para público familiar organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o venres 26 temos un concerto moi especial. Vide disfrutar con toda a familia, ata cos máis pequenos, do grupo As Tareixas! Veñen á Mariña despois de dous anos tocando por toda Galiza, logo de gañaren o 2º premio á mellor canción infantil no Concurso Quero Cantar, da Deputación da Coruña. Presentan o disco Santo mandil en Ribadeo, no Círculo Habanero da Devesa. Neste concerto de Nadal na Mariña tamén tocarán temas novos e cancións tradicionais arranxadas para a ocasión. E traerán discos, por se alguén os quere como agasallo de Nadal”.

As...

leer más
Etiquetas:
15/05/2025

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá charlas sobre seguridade destinadas a persoas maiores este sábado, día 17 de maio, e tamén o 24 de maio. Serán ás 18:00 horas e estarán dirixidas por un membro da Garda Civil.

A deste sábado 17 tratará sobre estafas, timos, furtos, accidentes domésticos, normas de circulación e desaparecidos.

E a do día 24 será unha charla preventiva de estafas telefónicas, sms e whatsapp.

06/05/2025

O Círculo Habanero da Devesa, que está nesta parroquia ribadense, acollerá unhas xornadas de escritura creativa os venres 9, 16 e 23 de maio de 18:00 a 19:30 horas.

Están organizadas pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e serán impartidas por Pilar Otero, que é profesora de Lingua e Literatura castelá, licenciada con grao en Filoloxía.

O grupo de participantes é limitado a un máximo de 15 persoas e o prezo é de 30 euros polas tres sesións. Para participar hai que facer a preinscrición a través do teléfono 617.71.61.29.

24/03/2025

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá a celebración do VIII Baile da Travesía este venres, día 28 de marzo a partir das 20:30 horas. É un evento organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía.

No VIII Baile da Travesía actuarán as agrupacións Acordeonistas da Mariña, Grupo de música e baile tradicional da Pastoriza e En Faldas y a lo Loco, de Ribadeo.

14/03/2025

A parroquia ribadense da Devesa celebrará unha comida veciñal o día 13 de abril, domingo, na explanada do Círculo Habanero.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón. Ás 14:30 horas empezará a comida e seguidamente haberá sorteos e baile a cargo de Verónica Cambón.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de A Devesa, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.