Ribadeo
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un curso presencial de redes sociais e venta online, que está destinado ao comercio local, pymes e microempresas que necesiten crear ou mellorar a súa imaxe na rede. Terá lugar en Ribadeo os domingos de catro a oito da tarde desde o 25 de abril ao 23 de maio. As doce prazas ofertadas xa están cubertas. Apaga prepara xa a segunda edición deste curso, que van impartir Andrea Lombardía e Silvia Martínez.
Andrea Lombardía, deseñadora gráfica e web explicou que “o principal é que está enfocado a pequenos comerciantes para que intenten darlle visibilidade ao seu negocio mediante as redes e internet, é dicir, que si buscas un produto que aparezan os comercios porque moitas veces non aparecen. Se un busca, por exemplo, unha mercería que aparezan as que hai pola zona, que saian os...
leer másBeOne, a concesionaria da Piscina Municipal de Ribadeo, está decidida a fomentar o deporte entre as familias do concello e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Javier Canel, director da instalación.
Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana unha sesión de contos para o público infantil. A actuación terá lugar este domingo, 11 de abril, ás 17:30 horas, no Parque de San Francisco ou no Teatro se houbese mal tempo.
Dende as montañas máis profundas do Courel chegan as marabillosas lendas de Antía e André, que contarán como é a vida na montaña e que ilustres os acompañan o seu día a día. Da súa man, o público mergullarase en fermosas historias e cancións para que os nenos e nenas descubran as incribles andanzas.
Velaísca presenta este espectáculo para público familiar dunha hora de duración.
A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos, dirixida ao alumnado, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano retrasou a súa chegada ata a primavera.
A actuación terá lugar no Parque de San Francisco, en Ribadeo, ou no Teatro en caso de mal tempo, ás 17:30 horas o vindeiro domingo, 11 de abril.
E grupo de teatro A Mariña representará a obra A maxia dos sentimentos. A actuación terá lugar tamén o vindeiro domingo, día 11, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.
A obra céntrase na importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais.
Ambas citas inclúense nas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación en colaboración con Concellos e asociacións.
O 10 de abril de 2020, Venres Santo tamén, ás cinco da tarde saín de Ribadeo cara As Catedrais, para facer un traballo, e o que atopei foi moi triste aínda que esperado: o areal baleiro. O único coche no aparcadoiro era o meu, o ceo estaba gris escuro e o único que se escoitaba era o ruxido do mar. Sentín pena, desolación, tristeza, melancolía e ata medo. A imaxe da emblemática praia de Augasantas era terrorífica. Estiven dez ou quince minutos, fixen unhas fotos e fuxín.
Estabamos hai un ano en pleno confinamento domiciliario. Hoxe, 2 de abril de 2021, as cousas mudaron bastante. É certo que a maioría das comunidades autónomas do país están pechadas, é certo que hai moitas normas sanitarias que cumprir, é certo que o virus segue facendo das súas, pero tamén é verdade que a imaxe deste Venres Santo ás cinco da tarde era ben distinta. O...
leer másAta o 4 de abril segue a semana dos descontos en 50 negocios ribadenses. A campaña denominada A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo está a ser un reclamo esta Semana Santa. Organizada por Acisa deu comezo o pasado venres.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “con esta campaña pretendemos axudar ao comercio a liquidar stock, a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo. As impresións ata o de agora son boas, estásenos a indicar que houbo un aumento de vendas, polo que a campaña esta a ter boa acollida, e non so para levar produtos rebaixados, senón incluso para comezar a mercar produtos da nova tempada”.
Na semana dos descontos de Acisa participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes,...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto sacro este Venres Santo na Igrexa Parroquial ás 19:30 horas. Tamén cantarán nos oficios do Xoves Santo.
A programación cultural do mes de marzo remata hoxe, 30 de marzo, coa actuación de Fátima Fernández que presentará Os contos pop up, dentro do programa APEGO. A representación terá lugar no parque de San Francisco ás 17:30 horas.
Como consecuencia das restricións de mobilidade debido á pandemia Ginzo Moda decidiu renovar a súa páxina web (www.ginzomoda.com) para convertela nunha plataforma de venta on line na que ofrecer unha gran parte dos produtos de recoñecidas marcas que ten nas súas tendas de Foz e Ribadeo.
O propietario da firma mariñá, José Ginzo, explica que “debido á pandemia a mobilidade está restrinxida e xurdiu a necesidade de dar este novo paso no mundo on line. Vemos como grandes firmas están pechando establecementos e desviando ese potencial cara a venda on line; e nós, na nosa humilde situación e co potencial que temos, tamén decidimos presentar gran parte das coleccións que ofrecemos a través dunha páxina web coas últimas novidades tecnolóxicas, coa facilidade de comprar e poder recibir o produto na casa ou...
leer másA Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo.
O edil ribadense explicou que “esta Semana Santa a Área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 7 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Pablo Vizoso contou que “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral. Así organizamos tres Xeorutas, 2 saídas para facer a dos Arcos e...
leer másA Concellería de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 28 de marzo, o espectáculo para bebés de Caramuxo Teatro titulado Redondo. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.
Trátase dunha montaxe, especialmente recomendada para familias con bebés de 6 meses a 4 anos, que xoga coas formas e na que o personaxe de Mr. Round está fascinado por todos aqueles obxectos redondos. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.
Foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galiza Escena Pro e en Fetén 2018.
Con Redondo remata o ciclo Palma Repalma do proxecto APEGO en Ribadeo que a Concellería de Cultura dedicou aos bebés e que constou de catro...
leer más