Ribadeo
O Mercado dos Domingos, que tería que celebrarse o 25 de xullo, trasládase ao sábado. Terá lugar, como é habitual, na contorna da praza de abastos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “debido á festividade do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, e só por esta semana cambiamos a data do noso Mercado dos Domingos. En lugar de celebrar a tradicional cita este domingo trasladámola ao sábado 24 na contorna da praza de abastos en horario de dez da mañá a dúas da tarde”.
O edil ribadense engade que “xa para o vindeiro 1 de agosto volvemos celebrar o mercado en domingo, coma sempre, desde o pasado 27 de xuño e ata o 10 de outubro”.
O Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación A Sucadoira. Nel participan 14...
leer másHoxe, mércores, abriuse a inscrición para participar na VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 18 de setembro.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “é a sétima edición. O ano pasado, debido ao que todos estamos a sufrir co tema da pandemia, estivo cancelada. Vai ser o sábado 18 de setembro e a saída será ás cinco da tarde. Adiantámola un pouco polo tema do protocolo, imos ter un protocolo especial da Federación de Atletismo e vai requirir uns pasos previos á celebración da proba”.
O edil salientou que “como sempre, este ano e os outros, dependemos moito do voluntariado e contaremos con todo o apoio deles. Queremos agradecerlles a súa colaboración para que esta carreira sega sendo un referente na media maratón na Mariña. A todos os participantes dicirlles que están convidados a ver...
leer másA música protagoniza a axenda cultural de Ribadeo para esta fin de semana.
O sábado, 24 de xullo, estará Xacarandaina en Ribadeo ás 19:00 horas no Cantón cun espectáculo de baile e música tradicional dentro do programa Danza 3-Xacobeo 21-22.
O domingo, 25 de xullo, a Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional Concerto da Patria. Será no parque San Francisco ás 21:00 horas.
Nas últimas horas foi inaugurada no Forte de San Damián a exposición titulada Cunchas, Fósiles e Insectos de David López. A mostra poderá visitarse ata o 25 de xullo en horario de 11:30 a 13:30 e 18:30 a 20:30 horas, agás a fin de semana que só estará aberta pola tarde. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima á veciñanza e aos turistas a ver e a disfrutar desta mostra.
Otero Cabarcos dixo: “inauguramos a exposición de Cunchas, fósiles e insectos de David López que durará ata o 25 deste mes. Só é esta semana, por cuestións loxísticas, pero seguro que vai aproveitar aos visitantes. O horario de mañá é de once e media a unha e media e pola tarde de seis e media a oito e media, agás a fin de semana que só é pola tarde. Desde a Concellaría de Cultura estamos seguros de que vai ser moi interesante e vai espertar a curiosidade non só nos...
leer másRibadeo prepárase para acoller este domingo, día 18, o día do produto local cunha mañá chea de actividades na contorna da Praza de Abastos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “arredor das 11.30 terá lugar a presentación da estratexia participativa EO Alimenta, patrocinada pola fundación Daniel&NinaCarasso, coordinada pola Universidade de Santiago e que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e doutros da contorna. Preténdese con esta estratexia, chegar entre todas as persoas participantes a unha maior autonomía alimentaria a ambas beiras do Eo. As persoas produtoras locais, protagonistas desta estratexia, farán ademais unha mostra dos seus produtos e ofrecerán unha degustación ás persoas asistentes ao mercado”.
O edil ribadense dixo que “unha vez rematado ese acto Borja...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Ribadeo na presentación do 70º Trofeo Emma Cuervo, que se celebrará o vindeiro 31 de xullo organizado polo Ribadeo FC co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte.
Arias felicitou á entidade deportiva ribadense polo seu dinamismo e “por dar continuidade durante tantos anos a esta cita deportiva tan senlleira”, que nesta edición contará “con dous equipos de elite, o Real Oviedo e o CD Lugo, o noso representante na Segunda División e o noso embaixador no fútbol profesional”.
O torneo disputarase no estadio Pepe Barrera e este ano estrea como trofeo unha reprodución da Torre dos Moreno de 60 centímetros de alto deseñada e fabricada por Sargadelos.
Ademais, o 14 de agosto disputarase a primeira edición do Emma Cuervo...
leer másA axenda cultural de Ribadeo inclúe dúas actuacións musicais esta fin de semana.
O sábado, 17 de xullo, ás 21:00 horas no quiosco do parque, actuará Narci Rodríguez. Nesta ocasión en calidade de solista. O artista presentará un espectáculo que xunta nun mesmo concerto voces, beatbox e guitarras, enmarcadas en temas de música negra autorais e covers de grandes autores dos estilos de soul e rhythm blues. A actuación trasladarase ao Teatro en caso de mal tempo.
E o domingo, 18 de xullo, ás 20:30 horas na contorna da Casa do Concello, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Chantada, dentro do ciclo O País das Bandas, da man da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.
A Asociación Cultural Francisco Lanza, coa colaboración co Concello de Ribadeo, festexa o seu 50 aniversario coas XIX Xornadas de Historia Local que terán lugar os días 16 e 17 de xullo no Auditorio de Cabanela.
O venres ás 19:30 horas terá lugar a presentación da edición conmemorativa dos Cadernos Ribadenses a cargo dos que foron presidentes e presidentas da asociación, José Yáñez Basanta, Eduardo Gutiérrez Fernández, Teresa Díaz Estévez, Xavier Campos López e Dores Fernández Abel.
O sábado ás 12:30 horas celebraranse os 50 anos da asociación con música, poemas, teatro e palabras de agarimo. Actuarán: Cuarteto Illa Pancha, Carme Rodríguez, Coral Polifónica, Toni Deaño e Pandereteiras de Amigos da Gaita. Ás 14:30 horas terá lugar un xantar de confraternidade para o que será necesario facer reserva previa. Ás 16:30...
leer másLas dos salas de Cine Ribadeo reabrirán este viernes, día 16, después de haber estado cerradas desde el 13 de marzo de 2020 debido a la pandemia de coronavirus.
Para esta reapertura Cine Ribadeo incluye varias novedades: las entradas serán numeradas, se podrán comprar por internet a través de su página web (cineribadeo.com), habrá separación entre los diferentes grupos de personas que asistan y cambian los horarios en una de las salas para que no sean los mismos en las dos y evitar aglomeraciones en la entrada antes y después de las proyecciones. Así en la sala 1 se mantendrán los horarios que había anteriormente (18:00, 20:30 y 23:00), mientras que en la sala 2 las sesiones serán media hora antes (17:30, 20:00 y 22:30).
Cine Ribadeo reabrirá con la proyección de tres películas estrenadas recientemente y que están...
leer másDel 2 al 8 de agosto se disputará en las instalaciones de Pádel Club Ribadeo el Open de Verano Kia Breogán Car.
El plazo de inscripción estará abierto hasta el 28 de julio en www.mistorneosonline.es o en el teléfono 650 62 43 50.
El Open de Verano Kia Breogán Car se disputará en las categorías 2ª y 3ª masculina, 4ª masculina (iniciación) y 2ª femenina y mixta. Habrá premios para todos los finalistas.
El evento deportivo está organizado por Pádel Club Ribadeo, que cuenta con la colaboración de Grupo Breogán, Breogán Car Barreiros, Santander Consumer Finance, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Deportes Galego y Concello de Ribadeo.