Ribadeo
A Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.
Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...
leer másEl Fumarel, de Ribadeo, dedica este fin de semana al bacalao, elaborado por una cocinera portuguesa.
El restaurante vinoteca Fumarel, de Ribadeo, dedica este fin de semana al bacalao, que será elaborado por una cocinera portuguesa experta en la preparación de platos de este pescado.
En estas jornadas gastronómicas, que comienzan este viernes 23, se ofrecerán varias preparaciones: los entrantes denominados bolinhos de bacalhau, pataniscas de bacalhau y salada de bacalhau; y los platos principales bacalhau à brás, bacalhau à Narcisa, bacalhau com broa y caldeirada de bacalhau.
El bacalao es uno de los productos estrella en el ultramarinos del Fumarel, establecimiento que está en la calle Doctor Moreda, de Ribadeo.
Unha xoia para outra xoia é o slogan da campaña deseñada por Acisa Ribadeo para celebrar o día da nai. A asociación sorteará 3 xoias entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro 3 de maio. A cita foi presentada polo vicepresidente de Acisa, Roberto Rivas, e polo xerente, Jesús Pérez.
Segundo indicou Roberto Rivas “o pasado ano non puidemos facer a campaña do dia da nai, debido ao confinamento domiciliario no que nos atopabamos, polo que este ano facémola diferente e dándolle máis importancia. Para iso sortearemos tres xoias de gran valor entre os clientes que merquen os seus agasallos para o dia da nai en Ribadeo desde mañá, 22 de abril, e ata o 3 de maio”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, explicou que “o único que ten...
leer másPresentouse no Pazo de San Marcos “Xela Arias. A poesía do retrato”, un proxecto expositivo que presenta textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001.
A mostra, que se complementa cun libro catálogo, é o eixo central das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo polas Letras Galegas. Concebida para espazos exteriores e cun formato adaptado á itinerancia, inaugurarase o vindeiro 1 de maio en Sarria e exporase despois en Lugo, Chantada, Monforte, Viveiro e Ribadeo.
A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético, dando lugar a unha potente interacción entre a fotografía e poesía. A colección de imaxes, que se amplía ata as 53 no catálogo que acompaña a mostra...
leer másA organización do I Half Triatlón Ribadeo precida da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio.
Desde a Área de Deportes do Concello solicitan “a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral...posto que serán necesarios 150 voluntarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo”.
E engaden que “precisamos que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde”.
As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de...
leer másA Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Na cita poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno).”
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno.”
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de cada traballo irán escritos os...
leer másHoxe ábrese na ova Oficina de Turismo, de Ribadeo, a exposición titulada O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo. Poderase visitar ata o sábado, día 24, en horario de 12:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas de martes a sábado. A entrada é gratuíta.
A mostra está organizada por El Progreso coa colaboración do Concello de Ribadeo, Traxandaina, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia.
El próximo lunes, 19 de abril, dará comienzo la segunda edición del curso de interpretación de planos en el sector naval que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) con la colaboración del astillero asturiano Gondán.
La primera edición del curso, para la que se presentaron 43 solicitudes, arrancó el pasado 5 de abril en las instalaciones de Apaga, en Ribadeo, y concluye en el día de hoy. Quince fueron los alumnos que recibieron 30 horas de formación a lo largo de las dos últimas semanas de la mano de un técnico del astillero de Castropol.
El presidente de Apaga, Álvaro Doural, señala que “debido al gran número de solicitudes presentadas para asistir a este curso y con el objetivo de atender toda la demanda ponemos en marcha ya la segunda edición que se celebrará de lunes a viernes del...
leer másA axenda cultura de Ribadeo para esta fin de semana inclúe unha cita coa cultura tradicional.
O sábado, día 17, ACF O Fiadeiro xunto con ex-alumnado da ESAD de Galicia presentará
A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 20:00 horas.
O prezo das entradas é de 3 euros e o despacho de billetes será dende as 19:30 horas.
O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o día 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. A saída terá lugar ás nove da mañá da praia dos Bloques. As inscricións pódense realizar en www.halftriatlonribadeo.com.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliñou que “por primeira vez se vai facer un triatlón aquí organizado pola Federación Española e a Federación Galega. Estamos contentos porque é unha iniciativa que levamos varios anos traballando nela, entre a organización máis o Concello. Supón nestes momentos, tan diferentes e extraordinarios, un traballo enorme. Será o 15 de maio, que é unha data que esperemos que todos poidamos estar...
leer más