Ribadeo
O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de astronomía, como ven sendo xa habitual nos veráns ribadenses. Este ano leva por título Congreso público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas.
Esta nova cita, aberta a todos os públicos, consistirá nunha charla no Cine Teatro e unha posterior observación na Praza de España os días 13 e 24 de agosto. O día 13 a charla terá lugar as 21:00 horas e a observación as 22:00 horas, mentres que o 24 de agosto a charla será as 20:30 horas e as 21:30 terá lugar a observación.
Desde o Concello lembran que “por mor do covid o aforo estará limitado a 50 persoas cada día, polo que os interesados deberán de contactar coa Área de Medio Ambiente para apuntarse, ben chamando ao teléfono 982 12 07 01 ou no correo ...
leer másA Área de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo ven de lanzar unha nova campaña publicitaria baixo o lema Estamos Listos, que se apoiará en varios soportes promocionais. O obxectivo pasa pola promoción de Ribadeo como destino turístico este verán.
O edil Pablo Vizoso dixo que “neste caso, o primeiro paso é a proxección e distribución dun vídeo, co que se quere deixar claro que este concello mariñán está de novo listo para recibir visitantes, aínda que realmente nunca deixou de estalo”.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local explicou que “neste primeiro vídeo utilízanse de maneira simbólica e como escenario as impresionantes formacións rochosas da praia de As Catedrais. Neste senso, cabe recordar que o nome orixinal deste coñecido e internacional areal é o de Augasantas, en referencia ás...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo anima a participar no campamento tecnolóxico Constrúe na casa. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e o prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 27 de xullo. Esta actividade está organizada pola Rede CeMIT en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “o obxectivo desta actividade é espertar e fomentar a curiosidade e creatividade entre alumnos de primaria e secundaria, e o seu interese pola tecnoloxía”.
A edil ribadense subliñou que “o programa deste ano desenvolverase de xeito online desde os fogares dos rapaces, debido ao Covid-19. Terán preferencia de inscrición todos os usuarios e usuarias das aulas da Rede CeMIT e empregarase o criterio de orde de chegada das...
leer másMúsica, teatro, danza e espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para as vindeiras semanas, que hoxe foi presentada pola concelleira Pilar Otero. A programación arrinca este venres, 24 de xullo, cun concerto de MJ PÉREZ no Teatro.
A edil ribadense dixo que “nunca presentaramos unha programación cultural nunha situación parecida.O confinamento puxo en evidencia que a cultura lle presta un servizo á sociedade. Non só xerando produtos de lecer senón tamén dinámicas de cohesión social. É por iso polo que confeccionamos un plano cultural para o verán que tenta verse afectado o menos posible pola situación que vivimos. Así, logo de reorganizar os nosos espazos para adecuarnos ás condicións que se nos piden para frear a covid, neste plano de eventos para os meses de agosto e...
leer másO concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou hoxe a cancelación da VII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais prevista para o 12 de setembro por mor do coronavirus.
O edil ribadense explicou: “desde a Área de Deportes do Concello de Ribadeo informamos a día de hoxe que se vai a suspender a media maratón que estaba prevista para o 12 de setembro deste ano 2020. Os motivos son debidos a esta crise sanitaria que nos está invadindo un pouco a todos, ocasionada polo Covid-19”.
Jorge Díaz declarou que “esta carreira é un acto multitudinario, que é difícil levalo a cabo nestas circunstancias. Organizar un evento destas características conleva certo manexo de persoas e persoal, entre eles voluntarios, que son persoas que o fan sen ningún ánimo de lucro e axudan a que esta carreira sexa un referente na Mariña e no...
leer másEl restaurante San Miguel, situado en el puerto deportivo de Ribadeo, reabrirá este sábado, 18 de julio, después de la desinfección de sus instalaciones realizada por una empresa especializada y tras dar negativo en las pruebas del Covid-19 todos los trabajadores del establecimiento.
La empresa Sanea, especialista en seguridad alimentaria y sanidad ambiental, realizó este miércoles en el restaurante San Miguel un programa de desinfección por personal especializado y mediante la aplicación por nebulización de biocidas de uso profesional autorizados por el Ministerio de Sanidad.
Además, después de haberse conocido el positivo en Covid-19 de un ayudante de cocina que el día 1 de este mes estuvo durante unas horas en el establecimiento, los demás trabajadores y sus familiares realizaron las pruebas y todas ellas...
leer másAlba Pérez e Marcos Rodríguez, os gañadores do X Concurso de Fotografía do Día do Pai convocado por Acisa, recolleron os seus premios. A pandemia do Covid-19 fixo que o acto se celebrase hoxe. A entrega foi realizada polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte.
A foto de Alba Pérez Fernández, titulada Con papá al fin del mundo, conseguiu 521 votos e converteuse na gañadora do Certame realizado a través de facebook. A afortunada recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo.
E a foto de Marcos Rodríguez Rodríguez, chamada Música e vida??, foi a segunda clasificada no concurso. En total obtivo 352 votos. Como agasallo recibiu 100 euros para gastar nos establecementos asociados a Acisa.
... leer másACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir.
Dende a patronal aseguran que esta é unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “esta iniciativa xurde da necesidade de dicirlles aos nosos clientes, sexan veciños ou visitantes, que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir, que poden confiar en nos e nos nosos negocios, que Ribadeo é un lugar onde se cumpren todas as normas e onde podemos facer unha...
leer másO Real Club Náutico de Ribadeo izou hoxe, luns, as súas bandeiras azul e Q de calidade turística no porto deportivo de Porcillán. Ao acto, celebrado este mediodía, asistiron representantes da corporación municipal e da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense xunto a membros da directiva do club, que observaron atentamente como a nena Elena izaba as dúas bandeiras.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, declarou que “este sinxelo acto non é nada máis que un recoñecemento ao labor destes 8 anos nos que levamos aquí. É o oitavo ano no que temos a sorte de izar esta bandeira que certifica que o porto de Ribadeo é un porto dos mellores de Galicia. Tanto é así que estamos no ranking dos sete primeiros portos deportivos que ten Galicia, tanto en número de tránsitos como en instalacións...
leer másFaro Norte Comunicación edita unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano.
Titúlase “Pensando no 2021” e quere render unha homenaxe especial a hostaleiros e comerciantes nun ano que está a ser moi duro para todas e todos eles.
Faro Norte Comunicación agradece o apoio de todas as firmas de Ribadeo e da súa contorna e das institucións colaboradoras para que A Gaceta Ribadense saíse á rúa: “todos queremos pasar páxina canto antes a este ano que estamos a vivir e poñer a ilusión e a esperanza no 2021, no que agardamos compartir con todas e todos vostedes o Ribadeo Indiano e unha nova edición deste xornal”.
Desde Faro Norte Comunicación dan as grazas “a cada un dos articulistas que ano tras ano nos deleitaron coas súas historias,...
leer más