Ribadeo
A Concellaría de Cultura e Consumo organiza uns actos arredor do urbanismo e o maltrato da paisaxe que se desenvolverán os días 24 e 31 de xaneiro. Hoxe foron presentados pola edil Pilar Otero Cabarcos.
A concelleira ribadense explicou que “o eixo central serán as proxeccións do documental Estruturas, de Paco Gallego e Xosé Bocixa, gravado en 2018 e onde se escoitará o parecer de diferentes persoas estudosas do tema como a do decano do Colexio de Arquitectos de Galiza, Antonio Maroño, arquitectos como Carlos Coto ou Fermín Blanco, arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez, o director da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña), Fernando Agrasar -tamén arquitecto-, do sociólogo urbanista Manuel G. Docampo ou da xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra, que leva os valores da paisaxe e...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 29 DE ENERO
JUEVES 23
-“Bad Boys 2” – 20:30 y 23:00 horas
-“Puñales por la espalda” – 20:30 horas
-“Richard Jewell” – 23:00 horas
VIERNES 24, SÁBADO 25 Y DOMINGO 26
-“Bad Boys 2” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“La gallina turuleca” – 18:00 horas
-“1917” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 27 Y MARTES 28 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Bad Boys 2” – 20:30 y 23:00 horas
-“1917” – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 29 (SIN ESPECTÁCULO)
Haberá un segundo pase do espectáculo que Carlos Blanco ofrecerá o día 1 de febreiro no Auditorio Municipal Hernán Naval. Titúlase Os Mellores Monólogos. Esgotáronse as entradas para o primeiro pase e as entradas, para o que terá lugar ás 22:00 horas están á venda en ataquilla.com e se sobrasen venderíanse o mesmo día do espectáculo desde as 21:00 horas na billeteira.
Este venres, 24 de xaneiro, terá lugar a presentación do documental sobre urbanismo e maltrato da paisaxe, Estruturas. Pel contra Pel. Será ás 20:30 horas no Teatro de Ribadeo.
O prezo da entrada é de 3 euros. Haberá un coloquio posterior á proxección do documental, dirixido e realizado por Paco Gallego e Xosé Bocixa.
E o domingo, 26 de xaneiro, seguirá o ciclo Músicas Comunais nas Parroquias coa actuación das pandereteiras...
leer másACISA Ribadeo organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará o 30 de xaneiro ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
A organización empresarial programa este almorzo informativo co fin de falar sobre a transformación dixital e como se pode vender máis a través de solucións dixitais. Desde ACISA subliñan que “é preciso adaptarse ás novas tecnoloxías, de aí a importancia de celebrar charlas coma este que teremos a vindeira semana”.
A conferencia será impartida por Jesús Otero Díaz, responsable de Negocio Dixital do Banco Santander en Lugo, que ademais presentará a ferramenta que ten o propio banco para chegar a ese obxectivo.
ACISA Ribadeo anima a todos a participar nesta xornada, tanto comerciantes como hostaleiros e dos sectores de restauración...
leer másUnha delegación formada por representantes do Concello de Ribadeo e da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos presentarán o legado indiano ribadense a axencias de viaxes e turoperadores durante a feira internacional de turismo Fitur, que se celebrará en Madrid a vindeira semana.
“Ribadeo estará presente nunha nova edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur). Sabedores de que o concello de Ribadeo segue a medrar como destino dentro de Galicia, unha delegación formada por membros do Concello e ACISA desprazaranse a Madrid para seguir posicionando esta contorna como un dos destinos turísticos máis importantes do litoral galego e mesmo español, onde milleiros de persoas conflúen actualmente para gozar dunha paisaxe excepcional conformada por un conxunto de elementos patrimoniais de carácter natural e cultural”,...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 22 DE ENERO
JUEVES 16
-“Richard Jewell” – 20:15 y 23:00 horas
-“Eroski Paraiso” – 20:30 horas
-“Star Wars: el ascenso de Skywalker” – 23:00 horas
VIERNES 17 Y SÁBADO 18
-“Bad Boys 2” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“La gallina turuleca” – 18:00 horas
-“Richard Jewell” – 20:15 horas
-“Puñales por la espalda” – 23:00 horas
DOMINGO 19
-“Bad Boys 2” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“La gallina turuleca” – 18:00 horas
-“Richard Jewell” – 23:00 horas
-“Puñales por la espalda” – 20:30 horas
LUNES 20 Y MARTES 21 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Bad Boys 2” – 20:30 y 23:00 horas
-“Richard Jewell” – 23:00 horas
-“Puñales por la espalda” – 20:30 horas
MIÉRCOLES 22 (SIN ESPECTÁCULO)
O Concello de Ribadeo comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, o programa interparroquial que se ven realizando desde hai seis anos nos teleclubs e nas escolas unitarias das distintas parroquias.
O proxecto, denominado Aquí? Como de 20!!!, conta con dúas vertentes que son as Tardes de Lecer e o Movemento Activo. Durante esta semana procederase á inscrición das persoas que queiran participar en calquera das dúas actividades que son gratuítas.
O programa Tardes de Lecer desenvolverase nas parroquias de Ove, Vilaframil, Vilela, Cinxe, Rinlo, Cedofeita, Santalla, Remourelle, Vilaselán, As Anzas, Couxela e Ribadeo.
As actividades terán lugar de 10:00 a 12:30 horas na Escola de Ove os martes e na Escola de Vilaframil os venres. De 15:30 a 18:00 horas na Escola de Vilela os luns, na Escola de...
leer másO vindeiro sábado, 18 de xaneiro, a escritora Luz Pozo Garza será nomeada filla predilecta de Ribadeo nun acto que se desenvolverán no Concello ás 12 do mediodía. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, fai unha chamada á sociedade ribadense para que acuda a esta homenaxe.
A edil declarou que “o vindeiro sábado, 18 de xaneiro, é festa en Ribadeo. É festa porque se nomea filla predilecta a Luz Pozo Garza, cume na literatura galega contemporánea”.
Pilar Otero contou que “o acto terá lugar ás 12.00 no salón de plenos da Casa do Concello de Ribadeo e contará coa presenza da escritora, quen estará acompañada por familiares e persoas amigas”.
A concelleira de Cultura anima “a toda a sociedade ribadense a celebrar e homenaxear a unha das voces máis destacadas da nosa poesía”.
... leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para visitar o santuario da Nosa Señora do Corpiño e comer o cocido típico desa zona. Será o día 1 de febreiro, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, almorzo en ruta, visita ao santuario da Nosa Señora do Corpiño, comida do cocido de Lalín e entrada ao museo etnográfico Casa do Patrón. O prezo é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
Acisa repartiu noite na IX Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos dous vindeiros meses.
Desde o pasado 1 de decembro Acisa repartiu 200.000 papeletas entre os clientes do comercio e da hostalería asociados. Milleiros de persoas encheron nesta xélida noite a carpa e os arredores do parque de San Francisco. Tres pantallas xigantes e varios altavoces permitiron que todo o público puidese seguir con comodidade, tanto no interior como no exterior, a IX Festa do Comercio da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, que tamén se retransmitiu en directo a través de facebook.
O primeiro premio foi o denominado como non presencial, que se coñeceu mediante un programa informático, e que lle...
leer más