Ribadeo
Os alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a ACISA Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.
O presidente de ACISA Francisco Iriarte dixo: “estamos moi contentos de que os nen@s tan xoves de Ribadeo sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefiran mercar na vila que por internet. E por suposto quero agradecerlles este traballo audiovisual, xa que creo que nós non puidéramos ter deseñado unha campaña de concienciación mellor que esta”.
O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez indicou: “temos que destacar que foi unha iniciativa...
leer másTodo está listo para a apertura de RibaXogo no parque de San Francisco. Este centro de ocio infantil e xuvenil abrirá as súas portas mañá, día 21, a partires das 12 do mediodía. Esta mañá estiveron supervisando as atraccións que están dentro e fora da carpa o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
Vizoso dixo que “todo está preparado en RibaXogo para recibir á xente que nos pode visitar para desfrutar deste espazo de ocio para xs máis pequenxs e tamén para xs adolescentes. Trátase dunha oferta coa que o Concello asume un esforzo económico moi importante en colaboración con Acisa”.
O concelleiro de Turismo e Comercio subliñou que “o que pretendemos é atraer xente ao comercio de Ribadeo nestas datas de Nadal e animar tamén o ambiente...
leer másSeguen as actividades de Nadal organizadas por Acisa. O domingo, 22 de decembro, Papá Noel estará en Ribadeo e o día 26 haberá teatro en inglés para os/as máis pequenos/as.
Acisa iniciaba o Nadal coa inauguración da árbore de luces instalada na praciña de San Roque. A programación de Nadal continúa coa visita de Papa Noel o 22 de decembro. Estará na carpa instalada no parque de San Francisco, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Ademais o 26 de decembro ás 18:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá Storytime, teatro en inglés para nenos e nenas, a cargo da academia asociada Kids&Us, “nunha aposta por entreter e divertir aos máis pequenos nunhas datas tan especiais para eles”, apuntan desde a xerencia de Acisa.
E o 4 de xaneiro Ribadeo recibirá a visita dun Carteiro...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 25 DE DICIEMBRE
JUEVES 19
-“Star Wars: el ascenso de Skywalker” – 20:00 y 23:00 horas
-“Jumanji: the next level” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 20, SÁBADO 21 Y DOMINGO 22
-“Star Wars: el ascenso de Skywalker” – 17:00, 20:00 y 23:00 horas
-“Frozen 2” – 18:00 horas
-“Jumanji: the next level” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 23 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Star Wars: el ascenso de Skywalker” – 20:00 y 23:00 horas
-“Jumanji: the next level” – 20:30 y 23:00 horas
MARTES 24 (SIN ESPECTÁCULO)
MIÉRCOLES 25
-“Star Wars: el ascenso de Skywalker” – 17:00, 20:00 y 23:00 horas
-“Espías con disfraz” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
Na Oficina de Turismo, en Ribadeo, pódese visitar de martes a sábado ata o 7 de xaneiro a exposición de Nadal realizada polos participantes no programa Aquí?...Coma de 20!!!. Será en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
O belén, que é a novidade deste ano, foi feito por Edita de Santalla e a árbore, de 2018, polos asistentes ao devandito programa. Desde Aquí?... Coma de 20!!! animan á veciñanza "a facer algunha personaxe para o belén, si lles apetece, xa que nos fan falla Reis Magos".
A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 28 de decembro ás 21:00 horas no auditorio Hernán Naval. Esta actuación, que incluirá danza, debutarán dous trompetistas.
O director da Banda ribadense, David Ballester, explica que “o mes de decembro é sempre moi especial porque chega o Nadal e nestas datas, como non podía ser menos, a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ter o seu concerto tradicional Aquí como en Viena. Este ano será no auditorio Hernán Naval o sábado 28 de decembro ás nove da noite, con entrada de balde ata completar aforo, para que toda a xente que asista poida estar o máis cómoda posible e non haxa ningún problema”.
Ballester salienta que “imos ter o debut de dous músicos, un deles que xa ía actuar no concerto de Santa Cilla pero que...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para visitar o salón de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo Será o día 27 deste mes, venres.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar e a entrada a XuvenLugo. O prezo é de 15 euros por persoa para adultos e rapaces maiores de doce anos, mentres que os menores desa idade terán que pagar 12 euros e para os bebés de menos dun ano é gratis.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
A Concellaría de Mocidade organiza dous obradoiros tecnolóxicos dirixidos aos mozos e mozas ribadenses. Estes talleres serán sobre Iniciación á Robótica e Iniciación á Programación de Móbiles Android.
O obradoiro de Iniciación á Robótica terá lugar o 26 de decembro na Aula CeMIT de Ribadeo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os destinatarios son mozos e mozas de 11 anos en adiante.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra sinala que “esta actividade iniciará ás nenas e nenos na programación dun xeito entretido”. A bondade máis importante da robótica é separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot. O taller constará de superar mini-retos, e a resolución de cada un deles instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 21 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto co fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde hoxe, luns 16, e ata o venres 20 a EMMeD de Ribadeo realizará...
leer másRibadeo acollerá este Nadal un centro de ocio infantil e xuvenil desde o día 21 deste mes ata o 5 de xaneiro nunha carpa de grandes dimensións instalada na Praza de España. Aquelas persoas que fagan as súas compras ou consumicións nos locais asociados a Acisa obterán descontos do 50% nos prezos das entradas. RibaXogo foi presentado no salón de plenos do Concello.
O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “esta iniciativa, denominada RibaXogo, chega a Ribadeo para desfrutar do Nadal e tamén par animar as vendas e dinamizar o comercio local, precisamente nestes momentos de maior actividade e como un gran atractivo do comercio local”. RibaXogo está organizado polo Concello ribadense coa colaboración de Acisa.
Vizoso dixo que “en RibaXogo haberá numerosas atraccións para nen@s e...
leer más