Ribadeo
12/05/2016
CARTELERA CINELANDIA RIBADEO DEL 13 AL 18 DE MAYO
VIERNES 13, SÁBADO 14 Y DOMINGO 15
-“Angry birds” – 18:00 y 20:30 horas
-El Olivo” – 23:00 horas
-“Los Anderson en la nieve” – 18:00 horas
-“Capitán América: civil Ward” – 20:00 y 23:00 horas
LUNES 16
-“Angry birds” – 20:30 horas
-El Olivo” – 23:00 horas
-“Capitán América: civil Ward” – 20:00 y 23:00 horas
MARTES 17
-“Angry birds” – 18:00 y 20:30 horas
-El Olivo” – 23:00 horas
-“Los Anderson en la nieve” – 18:00 horas
-“Capitán América: civil Ward” – 20:00 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 18 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Angry birds” – 20:30 horas
-El Olivo” – 23:00 horas
-“Capitán América...
leer más 12/05/2016
Ribadeo programou diversas actividades do 13 ao 18 de maio para celebrar o día das Letras Galegas e renderlle homenaxe a Manuel María. Os actos foron presentados hoxe polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “desde este venres día 13 e ata o vindeiro mércores 18 vanse desenvolver en Ribadeo unha serie de actividades para homenaxear ao noso poeta universal, Manuel María, co gallo do Día das Letras Galegas. Música, poesía, presentación de libros e reparto de poemas van dar cor e vida a unha semana repleta de actos. Así, desde o venres 13 e ata o mércores 18, terá lugar a campaña Poemas de mar e terra para o noso mercado. O comercio local vai repartir poemas de Manuel María relativos ao tipo de...
leer más 11/05/2016
A décimo primeira edición do torneo internacional Vila de Ribadeo de fútbol veterano, que se celebrará este fin de semana, sábado e domingo, contará con 42 equipos. Entre os participantes hai clubs de Alxeria, Inglaterra, Bélxica, Portugal e de varias comunidades autónomas españolas. Foi presentado hoxe na Casa do Concello ribadense nun acto que contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez; do concelleiro de Deportes, David Rivas; do presidente de Acisa Ribadeo, David Martínez, e de tres directivos da Asociación Deportiva Veteranos Ribadeo FC: Víctor Pérez Quintana, Juan Antonio Rodríguez Peceux e Antonio López Piñeirúa.
O edil de Deportes cualificou este evento como “un dos acontecementos deportivos da primavera ribadense,...
leer más 09/05/2016
Este mércores, día 11, a Concellaría de Deportes abre a inscrición para asistir ás Escolas Deportivas de Verán 2016. Ofertaranse un total de 105 prazas nas modalidades de pesca deportiva, vela, surf, piragüismo e remo.
O concelleiro de Deportes, David Rivas, anunciou que “este mércores, 11 de maio, abrimos o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Verán. Estas Escolas, como ven sendo habitual nestes últimos anos, complementan ás inverno e céntranse basicamente en deportes náuticos”.
O edil nacionalista detallou que “temos pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. Obviamente tamén facemos isto cunha clara intencionalidade de...
leer más 07/05/2016
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana unha nova quenda de audicións das especialidades instrumentais que restaban por facer dentro do abano de materias que se imparten o centro.
Esta actividade terá lugar entre os días 9 e 12 de maio, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do
mércores, 11 de maio, de clarinete e saxofón, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.
-Luns 9 de maio – canto/frauta/oboe (Escola)
-Martes 10 de maio – guitarra (Escola)
-...
leer más 06/05/2016
Este sábado, día 7, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadeo, celebrarase o V Festival Infantil Amigos da Gaita Galega de Ribadeo.
Ademais dos anfitrións, a Asociación Amigos da Gaita Galega de Ribadeo, actuarán a Escuela de Música de Tapia de Casariego e a ACM Arume de Burela.
06/05/2016
Desde hoxe e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición no concurso de Cantos de Taberna, que se desenvolverá durante o Ribadeo de tapeo 2016.
Nas bases, que se atopan publicadas na páxina web do Concello, recóllese que “os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total”.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio sinalan que “cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería...
leer más 06/05/2016
Como consecuencia do acordo asinado entre a SD Ribadeo e a Fundación Celta, esta entidade de Vigo organiza a XXI edición dun campus de fútbol para nenos e nenas de 4 a 16 anos, que se celebrará no campo municipal Pepe Barrera do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Na presentación do evento, que tivo lugar esta tarde na Casa do Concello ribadense, o responsable de Convenios, Escuelas y Campus da Fundación Celta, Diego García Sarabia, manifestou: “gracias al Concello y a la SD Ribadeo por seguir haciendo actividades y acciones en común y aprovecho la ocasión para agradecerles a los representantes de la SD todo el año que llevan trabajado con nosotros y las facilidades que nos dan para realizar esta labor con ellos. Una de estas acciones es el...
leer más 05/05/2016
CINELANDIA RIBADEO CARTELERA HASTA EL 12 DE MAYO
JUEVES 5 DE MAYO
-“Capitán América: civil Ward” – 20:00 y 23:00 horas
-“Toro” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 6 Y SÁBADO 7
-“El libro de la selva” – 18:00 horas
-“Capitán América: civil Ward” – 20:00 y 23:00 horas
-“Tini, el gran cambio de violeta” – 18:00 y 20:30 horas
-“Trumbo” – 23:00 horas
04/05/2016
O músico compostelán Xosé Constenla inicia unha xira de primavera que o levará ao longo do mes de maio a oito concellos galegos. AsÍ, o último disco do artista, Virada por Avante, chegará por vez primeira a seis deles, tralas presentacións xa realizadas en Ourense e en Santiago.
6 de maio: Ourense. Concerto no Café Auriense. Ás 22:00 horas. Entrada: 8 euros. Neste concerto participarán tamén artistas coma Carlos Blanco, Uxía, Roberto Sobrado e O Leo, entre outros.
7 de maio: Lugo. Concerto – sesión vermú (13:00 horas) que se celebrará en formato acústico dentro da xornada Cultura Ciclostil. Será de balde no Lar da Cultura do País.
...
leer más