Ribadeo
27/04/2016
O Concello e a asociación de Abelleiros de Ribadeo, tras o éxito da primeira xornada participativa para salvar a abella fai un chamamento para a segunda que terá lugar este sábado, 30 de abril, ás catro da tarde na Casa da Ría en Santa Cruz.
Segundo explican desde a Concellería de Desenvolvemento Local “á primeira xornada asistiron unhas 50 persoas, das que 19 apadriñaron unha trampa. Aproveitouse esta forza e interese colectivo para crear un grupo de traballo para loitar contra este insecto e desde o que se comparte coñecemento, experiencias así como un seguimento das avespas velutinas atrapadas. A día de hoxe levan un total de 40 insectos capturados aproximadamente”.
26/04/2016
En maio seguirán os micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello. En total vanse impartir catro cursos. As Concellarías de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local subliñan que o programa está a ter moi boa acollida, xa que durante o presente mes de abril foron 56 as persoas que asistiron aos obradoiros impartidos.
Neste mes de abril as Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo puxeron en marcha o programa da Axenda das Tecnoloxías de Primavera coa súa Factoría Dixital.
Segundo explicas desde as Concellarías organizadoras “esta axenda dixital que rematará en xuño, inclúe píldoras...
leer más 26/04/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 7 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
O director da formación, David Ballester, anunciou hoxe que nesta actuación “a temática vai ser toda sobre música e compositores galegos e interpretaremos diferentes tipos de pezas, como xotas, muiñeiras, alboradas, pasodobres, … Quero invitar a toda a xente que estea ese fin de semana en Ribadeo a que se achegue a gozar da música galega interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que tocará dúas das obras dese concerto por primeira vez”.
Asemblea extraordinaria de Amadores da Música...
leer más 25/04/2016
Abrió sus puertas en Ribadeo Logo Design Studio, una empresa dedicada a la prestación de servicios de impresión en gran formato, rotulación, serigrafía e imprenta así como ropa laboral y textil deportivo. Logo Design Studio también se dedica a la venta de material dirigido a instalaciones deportivas.
El pasado sábado tuvo lugar la inauguración de Logo Design Studio con la presentación de sus servicios y productos a quienes se acercaron hasta su local, donde también se obsequió con un catering a los asistentes, que fue servido por el restaurante La Cuchara de Palo.
La firma está situada en el nº 8 de la calle Villalba, de Ribadeo.
22/04/2016
O Concello organiza distintos actos con motivo da celebración do Día do Libro e agasallará ás persoas que visiten estes días a Biblioteca Municipal cuns marca páxinas, segundo deu a coñecer Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou que “cada vez máis debemos celebralo dun xeito especial. Días do libro hai trescentos sesenta e cinco ao ano, e é ben certo que este sábado, 23 de abril, aproveitaremos para destacar a festa do libro. Desde o Concello de Ribadeo quixemos sumarnos a esta celebración cunha mensaxe institucional breve e moi sinxela Vive lendo, le vivindo”.
O responsable de Cultura: “é bo que a lectura forme parte do noso día a día e...
leer más 21/04/2016
Os días 29 e 30 de abril o Concello organiza, en colaboración coas asociacións Pena Tallada e Francisco Lanza, unhas xornadas arredor do Camiño de Santiago. Titúlanse Ribadeo no Camiño, presente e futuro.
Desde a Concellaría de Turismo explican que “aproveitando que o ano 2016 está dedicado ao Camiño Norte e Primitivo, logo de ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, queremos salientar a importancia cultural e socioeconómica deste recurso inmaterial para a nosa vila”.
Ano a ano, a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio constata “unha maior afluencia de camiñantes na nosa vila. Son persoas soas ou acompañadas,...
leer más 21/04/2016
Ata o vindeiro 29 de abril está aberta a campaña do día da nai de Acisa denominada Fashion nai. Desde a directiva lembran que “as mamás que o desexen poden facerse un selfie nas tendas asociadas e a súa compra pode saírlles gratis. Para coñecer máis polo miúdo a campaña, que puxemos en marcha hai uns días, o único que teñen que facer é entrar na app Fashion nai no facebook e participar”.
Acisa engade que “entre todas as fotos recibidas a que reúna máis votos, máis me gustas en facebook, poderá conseguir gratis a súa compra ou unha por igual valor. A compra pode ser dende roupa ou calzado, ata un libro, un electrodoméstico, unha xoia… A campaña desenvólvese en todos os establecementos asociados. A cantidade que abonaremos, como...
leer más 20/04/2016
CARTELERA CINELANDIA RIBADEO HASTA EL 27 DE ABRIL
JUEVES 21
-“El libro de la selva” – 20:30 horas
-“Objetivo Londres” – 23:00 horas
-“Kiki: el amor se hace” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 22
-“Toro” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“El libro de la selva” – 18:00 y 20:30 horas
-“Kiki: el amor se hace” – 23:00 horas
SÁBADO 23
-“Toro” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“El libro de la selva” – 18:00 y 20:30 horas
-“Objetivo Londres” – 23:00 horas
DOMINGO 24
-“Toro” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“El libro de la selva” – 18:00 horas
-“Kiki: el amor se hace” – 20:30 horas
-“Objetivo Londres” – 23:00 horas
LUNES 25 y MARTES 26...
leer más 20/04/2016
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, presidiu esta mañá a inauguración da exposición ovícola literaria no Instituto de Educación Secundaria (IES) de Ribadeo Dionisio Gamallo, que recolle máis de 60 traballos realizados por alumnos e alumnas do centro para celebrar o Día do Libro por iniciativa da profesora do Departamento de Lingua castelá e literatura Rosa Paz. A mostra estará aberta ao público ata finais deste mes.
O director do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Alfonso Piñeiro, explicou que “con motivo do Día do Libro, que é este sábado, temos a exposición ovícola literaria. Cando o ano pasado o propuxo Rosa parecía que ovícola e literaria eran cousas que non se poden relacionar para nada, pero aquí esta o magnífico resultado...
leer más 14/04/2016
CARTELERA CINELANDIA RIBADEO HASTA EL 20 DE ABRIL
JUEVES 14
-“Blancanieves: el cazador y la reina de hielo” – 20:30 y 23:00 horas
-“Kiki: el amor se hace” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 15 y SÁBADO 16
-“El libro de la selva” – 18:00 y 20:30 horas
-“Kiki: el amor se hace” – 23:00 horas
-“Blancanieves: el cazador y la reina de hielo” – 18:00 y 20:30 horas
-“Objetivo Londres” – 23:00 horas
... leer más