Ribadeo
O programa da Xira de Santa Cruz, en Ribadeo, que organiza a asociación Amigos da Gaita Galega e é festa de interese turístico de Galicia, inclúe actividades para os días 3 e 4 de agosto, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado 3 ás 20:00 horas no Cine Teatro co pregón a cargo da familia Mon e de seguido actuarán os grupos das escolas da asociación Amigos da Gaita Galega.
E o domingo 4 de agosto na vila ribadense ás 12:00 horas haberá pasacalles a cargo de AC Ponte da Pedra, O Arco da Vella e CC A Ponte Vella e actuación dos grupos das escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno. Despois farase a subida ao monte Santa Cruz, onde haberá xantar tradicional, música e baile. Ás 19:00 horas farase unha ofrenda floral no monumento ao gaiteiro e ás 19:30 haberá concertos de Fransy González, Davide Salvado...
leer másA Festa do Percebe de Rinlo, que terá lugar o 3 de agosto, contará por segundo ano cun servizo de transporte gratuíto desde Ribadeo. Sairá desde a estación de autobuses ribadense entre as 11 e as 15 horas e fará viaxes de volta desde Rinlo entre as oito da tarde e as doce da noite.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe presentamos a festa do percebe, un ano máis Rinlo vai acoller a gran celebración do percebe, da degustación, da festa e de enxalzar un produto de proximidade, un produto do que detrás hai un sacrificio, hai unha entrega de moitas percebeiras e percebeiros que se dedican e apostan por este medio de vida, pero tamén, sendo conscientes todos, que hai un sacrificio, hai un esforzo e hai unha entrega”.
O rexedor manifestou: “estamos moi satisfeitos dende o Concello porque o relevo xeracional existe,...
leer másVilela, localidade da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra da Nosa Señora do Carme este sábado, 27 de xullo.
As actividades comezarán as 12:30 horas cunha procesión coas imaxes da Nosa Señora do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos, acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
Ás 15:00 horas terá lugar o terceiro xantar de irmandade Camiño Norte de Vilela e de 17:00 a 20:30 horas haberá festa para os nenos e nenas, con inchables, barredora, toro mecánico, etcétera.
Ás 18:00 horas volverá a actuar o dúo Belinda e haberá un sorteo sorpresa.
E rematará a xornada festiva cunha verbena amenizada polas orquestras La Travesía e Tokio.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.
Ya están a la venta las entradas para el concierto de piano que el ribadense Guillermo Cruzado Martín ofrecerá en la iglesia parroquial el próximo 2 de agosto a las 21:15 horas.
Guillermo Cruzado explica que “va a ser un recital de piano clásico romántico con música española también, parte del programa forma parte de mi repertorio y otras son nuevas para mí. Va a ser un programa muy bonito, muy dedicado para el público de Ribadeo, que siempre es un privilegio poder tocar en casa”.
El pianista cuenta que “este es mi cuarto concierto en Ribadeo. Lo he intentado hacer siempre cada dos años aunque lo tuve que interrumpir por la covid. Lo hice en 2016, en el 2018, en el 2022 y ahora este cuarto en 2024”.
Guillermo Cruzado está muy satisfecho con la acogida que siempre le brinda el público de...
leer másO vindeiro luns, 22 de xullo de 2024, ás 22:00 horas, celebrarase na capela da Nosa Señora das Virtudes da Ponte, en Arante, un evento cultural de gran relevancia.
O acto, organizado baixo o título “Elías Valiña polo Camiño do Norte (Ribadeo)”, consistirá nun recital musical seguido da estrea da curtametraxe documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”. A proxección contará coa presenza do director, Aser Álvarez, e do compositor da banda sonora, Moisés Quintas.
O evento terá unha duración estimada de 50 minutos e será unha velada chea de cultura, historia e música na honra da figura de Elías Valiña, coñecido polo seu traballo na sinalización do Camiño de Santiago coas emblemáticas frechas amarelas.
O alcalde, Daniel Vega, anunciou que “este sábado ás 12 da mañá imos renderlle unha homenaxe a todos os patróns maiores da Confraría de Pescadores de Ribadeo. A Confraría e Concello encargáronse deste traballo a través dunha comisión organizadora, á que lle damos as grazas por todo o traballo que fixo ata o de agora”.
O rexedor explicou que “o sábado queremos renderlle esa homenaxe merecida. Tamén trasladar un agradecemento a tantas persoas que deron tanto por un sector como o pesqueiro, que tamén traballaron a prol de Ribadeo e en defensa dos intereses xerais. Agradecemento e recoñecemento a cada un deles: a José Ramos, a José López, a Antonio Pérez, a Secundino Balsa, a José Domingo Rajal, a Domingo Fernández, a Celia Pacio, a José Luis García, a José Angel Redondo e ao actual patrón maior Javier Martínez”.
...
leer másO próximo 18 de xullo terá lugar en Ribadeo a presentación do proxecto Argadelo. Será en dúas sesións: ás 11:30 horas no Centro de Día A Concordia e ás 20:30 horas na Escola das Anzas no que os asistentes compartirán cantos, risas e bailes. Argadelo é un proxecto que se desenvolveu en Vilaselán e nas Anzas, e promete ser un punto de encontro cultural e social para os veciños e visitantes da zona.
O venres, 19 de xullo, será a inauguración da exposición de acuarelas de Maite Díaz Castaño. A mostra, titulada “Imaxes de Ribadeo e a súa ría”, estará aberta ao público na Casa do Viejo Pancho, ata o 12 de agosto. A inauguración terá lugar este venres ás 19:00 horas.
Ese mesmo día dará comezo a exposición de fotografía de Fernando Páez. Dita mostra estará situada na sala de exposicións do Campo e poderá ser visitada ata...
leer másConcello e Acisa fan un balance moi positivo do noveno Ribadeo Indiano, que remataba onte. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico achegouse aos catro millóns de euros.
O rexedor declarou: “temos que facer unha valoración moi positiva deste Ribadeo Indiano, que estivo organizado desde o Concello con Acisa. E tamén temos que dar as grazas á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo por toda a colaboración e tamén a todas esas persoas que quixeron colaborar para que isto saíse adiante”.
Vega dixo: “hai que dar as grazas a todos os veciños, porque durante estes días tamén causamos algún tipo de molestia nos aparcadoiros ou coas rúas cortadas, pero hai que entender que se trata dun evento importante para Ribadeo desde un punto de vista cultural, pero tamén desde un punto de vista económico. Podemos...
leer más