Ribadeo
Ribadeo acolle este días exposicións artísticas de Ana Méndez na Sala do Campo e de José Manuel na Oficina de Turismo
Ata o día 1 de setembro, domingo, a Sala da Oficina de Turismo ribadense alberga unha mostra de pintura de José Manuel “Abeyeiro”, especialista en obras que reproducen animais.
E na Sala de Exposicións do Campo pode visitarse ata o 2 de setembro, luns, unha mostra de pintura ao pastel de Ana Méndez.
Ribadeo prepárase para celebrar as súas Patronais 2024 cunha ampla variedade de actividades e eventos para todos os públicos.
O venres, 30 de agosto, Día do Pregón, ás 20:30 horas no Cine Teatro, a ribadense e ex-alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, será a encargada de dar o pregón. Na cita actuará a Coral Polifónica de Ribadeo. A continuación ás 21:30 horas haberá un pasarrúas a cargo de Tamega.
O sábado, 31 de agosto, a festa continuará coa Noite de DJs a partir das 23:30 horas, na que actuarán Alejandro Martínez, Litainer e The Sound Project.
O domingo, 1 de setembro, será o Día da Bicicleta, coa concentración ás 10:30 horas e a saída ás 11:00 desde a Casa do Concello. Ás 13:00 horas, as rúas do pobo encheranse de música coa sesión vermú a cargo dos Pandereteiros do Inferno. Pola...
leer másO vindeiro mércores, 28 de agosto, arrincará en Ribadeo o XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Medio cento de persoas participarán nunha cita, que conta coa homologación da Consellería de Educación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “os participantes son de Galicia principalmente. Tamén hai xente da zona de Toledo, de Murcia e tamén de Asturias, pero a maioría son xente de Galicia. Trátase de profesores de FP, técnicos de talleres, persoas vinculada ao mundo do motor e este ano tamén contamos cun grupo de alumnos da Universidade de A Coruña”.
O obxectivos do Fórum de Apaga son: establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de transportes e mantemento de vehículos, coñecer as...
leer másO próximo sábado, 24 de agosto, Ribadeo retrocederá no tempo para celebrar un guateque dedicado ás décadas dos 60, 70 e 80. O evento, que terá lugar no parque de San Francisco, arrancará a partir das 20:00 horas e promete ser unha noite inesquecible para todos os asistentes.
O obxectivo desta cita tan especial é recadar fondos para as festas patronais da vila. A música das épocas douradas e o ambiente cargado de nostalxia serán os protagonistas da velada.
Ademais o domingo, 25 de agosto, o guateque continuará coa xa clásica sesión vermú, que dará comezo ás 13:00 no mesmo lugar. Unha ocasión perfecta para gozar en familia e entre amigos, rememorando os grandes éxitos musicais que marcaron xeracións.
O guateque está organizado pola comisión de festas e o Concello de Ribadeo, que contan coa...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho.
Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.
O vindeiro 24 de agosto celebrarase en Ribadeo a XI Malla do Trigo das Anzas organizado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.
O evento dará comezo ás 10:00 horas coa instalación da maquinaria e dos primeiros mollos. Ás 11:00 horas comezará a malla, que estará amenizada polo Cuarteto Tradicional Illa Pancha e o Grupo Lume. Ás 12:30 horas terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño. Unha vez rematada a malla haberá unha sesión vermú a cargo do Grupo Lume, seguida da comida cun completo menú que inclúe: paella de marisco, costela de porco asada, tarta milfollas, viños, cervexa, auga, refrescos, pan, café e licores. O prezo do menú é de 26 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos. A partir das 17:00 horas darán comezo os xogos tradicionais co grupo Xostramu, xunto con inchables para os nenos. Ao remate da xornada, o Grupo...
leer másO escritor e divulgador histórico Rafa Codes ofrecerá unha conferencia este xoves, 22 de agosto, en Ribadeo sobre “El galeón de Manila, la ruta que cambió el mundo”, que é tamén o título dun libro que escribiu con Silvia Ribelles de la Vega.
Este acto, organizado polo Concello de Ribadeo, será no Forte de San Damián ás 20:30 horas.
A segunda edición da Cedofestiña celebrarase na parroquia ribadense de Cedofeita o día 31 de agosto, sábado, con entrada de balde.
Haberá visita guiada ao pazo e proxección de curtas a partir das 18 horas e concertos desde as 20 horas coas actuacións de Kornucopia, Miguel Alberte e Tapete (Dj set).
Este evento está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “estamos contentísimas porque xa está aquí a segunda edición da Cedofestiña. Reserva a última finde de agosto para despedir o verán porque vai estar chulísimo. Ademais de concertazos faremos unha visita guiada ao Pazo, que rematará coa proxección de curtas e posterior coloquio”.
A segunda edición da Festa da Ría celebrarase xunto á lonxa de Ribadeo día 24 de agosto, sábado.
A Asociación Cultural e Lúdica Catro Caños, de Ribadeo, anuncia: “o pasado ano tivemos o pracer de celebrar xunto á Asociación de Percebeiros O Cerredo a primeira Festa da Ría na lonxa de Ribadeo, e vamos coa segunda. Festa para gozar dos marabillosos produtos locais que nos brinda a nosa ría ao son da mellor música tradicional”
A partir das 12:00 horas haberá degustación de mexillóns e ostras da Ría de Ribadeo, empanada e música en directo con Pandereteiros do Inferno, Tumba e Dálle e DJ Tralla.