Ribadeo
O Concello programa cinco obras de teatro para o último trimestre do ano, que achegarán a Ribadeo a actrices e actores da talla de María Castro ou Carlos Hipólito, entre outros. Hai un abono en venda online, que suporá un aforro do 15% no prezo das entradas soltas.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “no Concello de Ribadeo temos preparada unha interesante programación teatral para o último trimestre deste ano 2022. Trátase de 5 obras seleccionadas do Programa Platea do INAEM, que achegarán á nosa vila a actrices e actores da talla de María Castro, Carlos Hipólito, Pepa Rus e Sol Picó, entre outros”.
A edil ribadense subliñou que “o que imos facer para animar á xente de Ribadeo e da contorna a que acudan a gozar destas representacións é sacar un bono para as cinco obras programadas, que suporá un...
leer másO vindeiro 25 de setembro terá lugar a segunda edición do Orienta Ribadeo, unha actividade de aventura familiar e de balde. A inscrición estará aberta desde hoxe e ata o 21 deste mes.
Desde a OMIX explican que “chega a segunda edición do Orienta Ribadeo co obxectivo de por en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar. A empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello esta actividade”.
Orienta Ribadeo terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 25 de setembro. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos...
leer másTodo está listo para a celebración da VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro. A inscrición péchase mañá.
A proba partirá das inmediacións do Concello e discorrerá por todo o litoral ribadense ata chegar á praia de Augasantas, onde estará instalada a meta e onde serán entregados os trofeos aos vencedores e vencedoras.
Ata o momento son 630 os anotados, aínda que a cifra pode medrar un pouco máis, dado que a inscrición se pecha na xornada de mañá, martes.
Desde o Concello agradecen “o apoio de todos os colaboradores para que un ano máis, e xa van oito, a media maratón entre Ribadeo e As Catedrais se poida celebrar. E sobre todo temos que dar as grazas ao voluntariado porque son moi importantes no percorrido e sen os voluntarios e as...
leer másLos centros Kids&Us se han unido en una iniciativa única para ofrecer de forma simultánea el próximo 17 de septiembre Babies y Kids Experiences para bebés y niños de 1 a 7 años.
La directora de Kids&Us Ribadeo, Laura López Figueroa, explica que “esta iniciativa, conocida como Demo Day, se dirige a todas aquellas familias con niños de 1 a 7 años que quieran descubrir en profundidad y en primera persona el método Natural English. En esta jornada única y exclusiva, el profesorado del centro Kids&Us Ribadeo impartirá una sesión demostrativa de entre 30 y 45 minutos en la que las familias también estarán presentes. De este modo podrán comprobar la eficacia de un método único de aprendizaje de inglés que ya cuenta con más de 150.000 alumnos en el mundo en 9 países”.
Las plazas para el Demo Day son limitadas...
leer másEste domingo, 11 de setembro, celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición do Día do Produto Local, unha xornada para poñer en valor a compra e o consumo dos produtos de proximidade.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “por este motivo, ao longo da mañá do domingo, ademais da venda directa dos produtores e produtoras que forman parte habitualmente deste mercado, terán lugar unha serie de actividades para todos os públicos”.
O edil ribadense conta que “arredor das 11da mañá haberá unha exposición, da man do CEFEA Pedro Murias, na que se amosarán as diferentes variedades de tomates, pementos e cabazas cultivadas no propio centro para despois disfrutar dunha degustación dos mesmos. Aprenderemos tamén un pouco máis sobre cultivos e os coidados nunha actividade para todas as...
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza, grazas ao permiso tramitado pola patronal ribadense.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no día de hoxe vimos de recordar aos nosos asociados a resolución do Concello de Ribadeo pola que os hostaleiros membros de Acisa contarán con 2 horas máis de autorización para poder traballar nas principais datas destes festexos da localidade. Grazas a esta autorización, tramitada por Acisa, estamos a falar de que nas madrugadas dos días 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 9 ao 10 e do 10 ao 11, é dicir toda a semana de festas patronais mais o seguinte fin de semana, os bares e cafeterías poderán pasar...
leer másChega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en escenarios naturais. A programación foi presentada polo concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, acompañado das edís de Obras e de Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, e pola técnica de Turismo, Begoña García.
O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en fermosos entornos naturais como a ría de Ribadeo, a rasa costeira, as praias, etc, a través de distintas iniciativas coas que se pretende desestacionalizar o turismo e favorecer que a tempada alta se alongue”.
Pablo Vizoso explicou...
leer másA Xunta de Galicia apoia as patronais na honra de Santa María do Campo de Ribadeo, que comezan a vindeira fin de semana, a través do patrocinio de concertos, espectáculos de animación na rúa e vídeo mupis informativos. Estes son algúns dos actos dun programa festivo que deseñou a comisión de festas, con quen hoxe mantivo unha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos.
...
leer más












