Ribadeo
Ata o 4 de setembro pódese visitar na rúa San Roque, de Ribadeo, a exposición Os nosos océanos, de Afundación. A mostra foi inaugurada este mediodía. Ao acto asistiron as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Pilar Otero e Mónica Freire, xunto ao alcalde en funcións, Pablo Vizoso, así como a responsable de Relacións Institucionais en Ourense e Lugo de Afundación, Obra Social de Abanca, Beatriz Fernández, e representantes da entidade bancaria en Ribadeo e na Mariña.
O rexedor declarou: “estamos moi agradecidos á obra social de Abanca por traer esta exposición fotográfica de carácter itinerante, que vai estar dispoñible ata o 4 de setembro para o disfrute de todos os ribadenses e de todas as persoas que teñan a ben visitarnos. É unha mostra que trata sobre a riqueza mariña, sobre a conservación dos nosos mares e océanos e que mostra...
leer másRibadeo recupera o seu tradicional festival de bandas de música, que non se celebrou estes dous anos anteriores debido á pandemia. Organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase este sábado, día 20, coas actuacións da Banda Municipal de Música de Meira e a ribadense.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “o sábado 20 de agosto toca o festival de bandas, que recuperamos despois destes anos que non puidemos facelo por culpa da pandemia. E recuperámolo coa Banda Municipal de Música de Meira máis a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Terá lugar no auditorio Hernán Naval ás 20 horas, pero previamente, ás sete e media da tarde, tanto a Banda de Meira como nosoutros faremos un pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco para ir xa animando un pouco á xente a que se achegue ao...
leer másNa parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.
O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.
Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a...
leer másO Concello organiza a charla Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas. Será impartida polo doutor Miguel San Claudio o 26 de agosto ás oito da tarde no Teatro. O obxectivo pasa por difundir os resultados das prospeccións realizadas no galeón afundido na ría ribadense hai catro séculos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “continuando coas accións levadas a acabo dentro do proxecto Retornos do pasado para o estudo e difusión da cultura marítima de Ribadeo, o Concello organiza a charla, Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas, impartida polo Doutor Miguel San Claudio e onde darán a coñecer o resultados das prospeccións realizadas na ría dende o inicio do proxecto. Terá lugar o día 26 de agosto ás 20 horas no Teatro de Ribadeo”.
O edil ribadense...
leer másA Comisión de festas de Ribadeo presentou o programa para as festas de San Roque e Santa María do Campo, así como o cartel desta última. Os festexos inclúen unha oferta de ocio variada para novos e non tan novos. A segunda quincena de Agosto comezará cas festas de San Roque cunha mexillonada para abrir boca o luns 15. O martes 16 comezará coa saída dos Cocos e cabezudos e conta coa recuperación da sesión vermú e unha tarde e noite de música con artistas ribadenses como Río&Daiv ou o dj Litainer, xogos populares e verbena. O mes seguirá cos Dj´s no Camiño o venres 19 de Agosto frente ao Concello de Ribadeo para continuar cun mercado medieval do 25 ao 28 de Agosto no Parque. O broche de Agosto será o clásico Guateque o sábado 27 a partir das 20:30.
A semana da patroa comezará o venres 2 de Setembro co pregón no teatro a cargo de Iván...
leer másDesde a organización sinalan que “mañá venres quen queira colaborar co mercadiño gastronómico a favor da AECC de Ribadeo, pode levar os seus postres, comida.... a partir das 12 da mañá ao bar A Menchina ata a hora de celebrar o mercadiño no Parque de San Francisco”.
Alí poranse á venda empanadas, tortillas, biscoitos, rsoquiñas, tartas e freixós, refrescos, sangría.
A recadación irá destinada á AECC de Ribadeo.
Ribadeo recupera o seu tradicional festival de bandas de música, que non se celebrou estes dous anos anteriores debido á pandemia. Organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase o día 20 deste mes, sábado, coas actuacións da Banda Municipal de Música de Meira e a ribadense.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “o sábado 20 de agosto toca o festival de bandas, que recuperamos despois destes anos que non puidemos facelo por culpa da pandemia. E recuperámolo coa Banda Municipal de Música de Meira máis a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Terá lugar no auditorio Hernán Naval ás 20 horas, pero previamente, ás sete e media da tarde, tanto a Banda de Meira como nosoutros faremos un pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco para ir xa animando un pouco á xente a que se...
leer másOs días 15 e 16 de agosto Ribadeo volve a celebrar as Festas de San Roque, con diversas actividades lúdicas, gastronómicas e actuacións musicais.
O San Roque dará comezo o luns, 15 de agosto, as 21:00 horas cunha mexillonada popular. O martes 16 as 11:00 horas comeza a celebración coa tradicional saída dos Cocos e Cabezudos, dende a Oficina de Turismo acompañados do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. As 12:00 horas será a misa solemne na Capela de San Roque, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Ribadeo e a sesión vermú, amenizada polo Grupo Fénix.
Á tarde, a partir das cinco terán lugar uns xogos populares e un Obradoiro dos Cocos, impartido polo Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. As 19:30 horas será o concerto de Rio&Daiv e Amoebo e xa á noite verbena co Grupo Fénix, Litainer e a disco...
leer más












