forxa
O Concello de Cervo anuncia que “continúa apostando pola conservación e transmisión dos oficios tradicionais colaborando nun novo curso de iniciación á forxa tradicional, impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, na antiga nave de fundición, un edificio histórico do século XVII restaurado e cedido polo Concello no ano 2020”. A formación desenvolverase en dúas fases: un curso de iniciación, do 3 ao 7 de agosto e un nivel 2, do 10 ao 14 de agosto, dirixidos a persoas interesadas en iniciarse ou ampliar coñecementos neste oficio tradicional a través dunha metodoloxía eminentemente práctica.
O Concello de Cervo explica tamén que colabora novamente nesta iniciativa “cun prezo reducido para o alumnado, co obxectivo de facilitar o acceso á formación e seguir contribuíndo á...
leer másO Concello de Cervo colabora coa organización dun curso de iniciación á forxa tradicional, que será impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado na antiga nave de fundición de Sargadelos entre os días 4 e 8 de agosto.
A actividade, que conta con prazas limitadas, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse a este oficio tradicional a través dunha formación teórico práctica nun espazo único, como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
O obradoiro no que se desenvolverá o curso ocupa un edificio histórico do século XVII, restaurado no ano 2017, que foi cedido ao artesán polo Concello de Cervo no 2020 co obxectivo de apoiar e dar continuidade a proxectos vinculados á recuperación e dinamización do patrimonio cultural e artesanal.
O curso está...
leer másO Concello de Cervo anuncia que está aberta a convocatoria para un novo curso de iniciación á forxa, enmarcado no programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas. “Unha oportunidade única de aprender o oficio da forxa da man do noso veciño Telmo Cao no seu obradoiro no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, situado na antiga nave de fundición”. Celebrarase do 1 ao 4 e do 7 ao 10 de xullo, en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Está dirixido a profesionais da artesanía, estudantes de Artes e Oficios, Belas Artes ou de Formación Profesional relacionada co metal.
O artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional. Deste xeito promove un taller, en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A inscrición, con prazas limitadas, xa se pode formalizar a través do teléfono 638.71.72.72 ou do correo electrónico telmocao@yahoo.es.
Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller, no que realiza pezas únicas previo encargo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por...
leer más






