IES
Os campionatos de baristas e cata de cafés do IES de Foz celébranse dende o mércores 25 ata o venres 27 de febreiro de 2026 no IES de Foz. “Estamos na décimo oitava edición do campionato de baristas e décimo terceira do campionato de cata. Un ano máis superámonos e participan 26 centros de hostalería de 14 comunidades autónomas, tamén do estranxeiro, con participantes de Portugal e Italia. Nesta edición contamos co Centro de Hostalería de Viana do Castelo, en Portugal, e a Escola Giuseppe Zanardeli, de Brescia (Italia)”, anuncia o IES de Foz.
O centro de Secundaria focego explica que “todo isto non é traballo dun só día nin dunha soa persoa; dende o IES de Foz sentímonos especialmente orgullosos da estreita colaboración que establecemos con toda a contorna na que traballamos, contando con máis de cincuenta e catro patrocinadores e...
leer másO IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo, acolle desde este pasado xoves, 6 de febreiro, a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para “dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma”. A exposición permanecerá no hall de entrada do centro ribadense ata o 20 de febreiro.
O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na inauguración da mostra, na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado os contidos dos paneis, un percorrido histórico pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual, na que se sinalan, entre outras, aportacións de artistas da Mariña como Ugía Pedreira e Nuno Pico ou formacións como Adufeiras de Salitre, da que forman parte as mariñás Iria Penabad e Carolina Vázquez.
O responsable provincial presentou a...
leer másO Concello de Foz anuncia que o salón de actos do Instituto de Educación Secundaria (IES) acollerá un curso sobre sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez o día 11 de novembro, luns, de 16:00 a 21:00 horas.
A inscrición, que é gratuíta, realizarase a través do teléfono 633.24.50.28.





