Down Lugo

Etiquetas:
17/10/2025

Ribadeo acolle o primeiro Foro Down Tan iguais coma diferentes da provincia. Será o 25 de outubro ás 10:00 horas no auditorio municipal en colaboración coa Asociación Down Lugo e a Xunta de Galicia.

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Benestar Social, Saúde e Familia, organiza xunto coa Asociación Down Lugo o Foro Down, aberto para toda a poboación que queira asistir, e que ten como finalidade dar visibilidade ás capacidades das persoas con discapacidade, promover a diversidade e impulsar a súa plena inclusión na comunidade.

A concelleira Elena Sierra sinala que “este encontro quere ser un espazo de aprendizaxe, participación e convivencia, no que a sociedade poida coñecer de preto as experiencias e o talento das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, fomentando así unha mirada...

leer más
10/10/2025

Do 15 ao 31 de outubro poderá visitarse en Ribadeo a exposición fotográfica Tan coma ti, da asociación Down Lugo. A mostra estará exposta na Oficina de Turismo. O acto inaugural será o día 15, mércores, ás doce do mediodía.

“Trátase dun proxecto da Asociación Down Lugo que ten como obxectivo amosar a realidade actual das persoas coa síndrome de Down, rompendo estereotipos e reivindicando o seu papel activo e valioso na sociedade. Tan coma ti é unha exposición fotográfica inspirada na campaña homónima lanzada por Down España este 2025 con motivo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down o pasado 21 de marzo. Esta campaña busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e desmontar estereotipos, amosando que as persoas coa síndrome de Down senten, pensan e...

leer más