visitas guiadas

30/06/2026

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademais aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”

O Concello de Barreiros engade que “a través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer...

leer más
27/03/2026

O luns 30 de marzo ás 18:00 horas comezarán as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, da man do historiador Xesús Martinez, organizadas polo Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) coa colaboración da Xunta de Cofradías.

“Ás 17:30 horas, antes de dar comezo á primeira visita, faremos unha pequena presentación das mesmas contando ca presenza de José Veiga, como representante da Xunta de Cofradías; Cristina Rodriguez, como presidenta do CCHV; e Xesús Martinez. O lugar será na Praza Maior, diante da porta do Concello”, anuncia o CCHV, que ademais lembra que o día 2 de abril, Xoves Santo, pola mañá o comercio local de Viveiro estará aberto en horario de 11 a 14 horas.

23/03/2026

O Centro Histórico de Viveiro (CCHV) anuncia que ofrece para esta Semana Santa Tapeo de Cuaresma e visitas guiadas: “un ano máis seguimos ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 26 de marzo será Tapeo de Cuaresma, unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro e na que, por suposto, ó ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne. Este ano volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. Esta é xa a dezaseisava edición, nada mais nin nada menos que 16 anos organizando estas visitas guiadas nunha das semanas mais importantes do ano na vila. Cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións, dende o primeiro ano que se puxeron en marcha, que foi no...

leer más