Historia Local
A asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.
O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.
A Asociación Cultural Francisco Lanza, coa colaboración co Concello de Ribadeo, festexa o seu 50 aniversario coas XIX Xornadas de Historia Local que terán lugar os días 16 e 17 de xullo no Auditorio de Cabanela.
O venres ás 19:30 horas terá lugar a presentación da edición conmemorativa dos Cadernos Ribadenses a cargo dos que foron presidentes e presidentas da asociación, José Yáñez Basanta, Eduardo Gutiérrez Fernández, Teresa Díaz Estévez, Xavier Campos López e Dores Fernández Abel.
O sábado ás 12:30 horas celebraranse os 50 anos da asociación con música, poemas, teatro e palabras de agarimo. Actuarán: Cuarteto Illa Pancha, Carme Rodríguez, Coral Polifónica, Toni Deaño e Pandereteiras de Amigos da Gaita. Ás 14:30 horas terá lugar un xantar de confraternidade para o que será necesario facer reserva previa. Ás 16:30...
leer más