Burela
A asociación Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica o 26 de outubro en Burela
A asociación comarcal de nais, pais e titores de persoas con discapacidade da Mariña lucense Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica para o día 26 de outubro, sábado, en Burela.
O taller de Samaín é para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e desenvolverase de 11 a 13 horas.
E a cea baile benéfica será no hotel restaurante Nordés e comezará ás 22 horas. “O prezo será de 35 euros (30 para a cea e 5 de donativo para a asociación). Contaremos coa colaboración de Dj Beto,que amenizará a noite. As entradas están dispoñibles tanto en Camiña A Mariña coma no hotel restaurante Nordés. Non esquezas facer a túa reserva con antelación”, explican desde Camiña.
A Confraría de Pescadores de Burela, co gaio da celebración do seu centenario, inaugurou este pasado martes, 8 de outubro, dúas exposicións fotográficas permanentes: o porto de Burela en clave feminina e cadros de honra dos patróns maiores.
“A través destas exposicións de carácter permanente póñense en valor os traballos desenvoltos por mulleres no mundo do mar: mariñeiras, peixeiras, conserveiras, redeiras, estibadoras, etcétera e faise un percorrido histórico a través dos distintos Patróns Maiores que foron representantes da entidade ao longo dos seus 100 anos de vida. Queremos dar visibilidade a todos estes oficios marítimo pesqueiros e que sirvan de referencia para dar continuidade aos traballos que ofrece o sector mariño, de forma que as novas xeracións vexan no mar unha oportunidade para desenvolver a súa profesión, axudando así a...
leer másBurela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alumea. Estas actividades terán lugar o venres 11 ás 17:00 horas na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 tamén ás 17 horas no local da asociación A Moncloa.
O Concello de Burela explica que “no obradoiro do venres as persoas participantes aprenderán a empregar os seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible. Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela. O taller do sábado, por outra banda, será de radio e foto participativa. Nel, dirixido tanto á rapazada como á xente do mar, aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello”.
As...
leer másA Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.
Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.
O día 15 de outubro, martes, desenvolverase un curso gratuíto de Alimentación na Infancia no salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela. Será impartido por Noelia Goás Gómez de 16:00 a 21:00 horas.
A inscrición realizarase na Casa do Concello de Burela ou a través do número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.
Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, e maila xefa territorial da Consellería do Mar, Mariña Gueimunde, recibiron este venres na delegación da consellería en Celeiro ao xerente da Fundación Expomar, José Manuel González ‘Brais’, e ao concelleiro de Mar do Concello de Burela, Ramiro Fernández.
Na reunión, xa acordada con miras á vixésima edición da feira monográfica náutico-pesqueira, que terá lugar no porto de Burela en maio de 2025, os representantes da Fundación Expomar tamén detallaron á Consellería as súas próximas actividades previstas.
A acción máis achegada será a segunda edición do “Día do Orgullo Mariñeiro”, que se iniciou con grande éxito o ano pasado e que a mediados de decembro de novo combinará a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar...
leer másBurela acolle a montaxe dun crebacabezas xigante e un concurso de puzzles os días 19 e 20 de outubro
Burela albergará no pavillón do CEIP Virxe do Carme o Reto Panush 2024, que consistirá na montaxe dun puzzle xigante de 30.200 pezas, e nun concurso de puzzles por equipos. A montaxe do crebacabezas XXXL Jan Van Haasteren comezará ás 10:00 da mañá do sábado 19 de outubro. O concurso, por outra banda, terá lugar a partir das 11:00 horas do domingo 20.
As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse nas actividades nas webs...
leer másCarlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano...
leer másBurela acolle un curso de prevención de accidentes domésticos. Será no salón de conferencias da antiga biblioteca o día 9 de outubro, mércores, de 17:00 a 19:00 horas.
A inscrición realizarase na Casa do Concello ou no número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00.
Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.
O narrador e músico Caxoto presentará o seu espectáculo titulado “Grandes éxitos: 2004-2024” este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
É unha actuación incluída na programación cultural do Concello de Burela, que organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura. Todas elas son de balde e aptas para un público infantil e familiar e teñen lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela.












