Burela
Burela acolle unha charla sobre nutrición para a prevención e durante o tratamento oncolóxico. Será no salón de conferencias da antiga biblioteca este xoves, día 18 de abril, ás 17:30 horas.
Intervirán Begoña Pintor de la Maza e María Castro Penalonga, graduadas en Nutrición Humana e Dietética e traballadoras na atención primaria.
Organiza o acto a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo e non é necesaria a inscrición previa.
Burela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo I’m Tina: The Rock Show Experience en homenaxe á raíña do rock&roll, Tina Turner.
O evento terá lugar ás 21:00 horas, con apertura de portas ás 20:30,e xa é posible adquirir entradas para o mesmo de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/s...
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.
Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha...
leer másBurela acolle o I Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense "MariñaEnCanto", organizado pola Fundación Bal y Gay. Desenvolverase do venres 19 ó domingo 21 de abril: o sábado celebrarase o ensaio xeral e o domingo ás 12:30 horas o Auditorio de Burela acollerá o concerto de clausura, aberto ó público.
Participarán entre 200 e 250 alumnos de centros de Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo.
La Fundación Expomar presenta una nueva edición de sus Xornadas Técnicas y Encontro Empresarial, que se celebrarán el 8 y 9 de mayo en el puerto de Burela para abordar los nuevos retos y dificultades que afronta el sector pesquero.
El foro será como siempre abierto al público en el salón de actos de la Cofradía de Pescadores de Burela a partir de las 16:30h tanto del miércoles 8 como del jueves 9 de mayo. Como ya es habitual en las últimas ediciones, las jornadas también se podrán seguir online desde la web www.expomar.com.
Las Xornadas Técnicas 2024 contarán con la participación del conselleiro do Mar de la Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que inaugurará el evento acompañado por la presidenta de la Fundación Expomar y alcaldesa de Burela, Carmela López.
... leer másA Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela organiza a Feira de Abril. Será desde este xoves, día 18, ata o domingo 21 en doce locais hostaleiros.
Haberá xornadas gastronómicas, con tapas a 3 euros, e entre os participantes sortearán dous premios de 300 euros en vales de compra.
O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela vai impartir desde este mes de abril un curso de “Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil”, dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este curso permite o obtención do certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral.
Dentro da súa programación contempla un período de prácticas profesionais en empresas. As persoas que participen teñen acceso a un conxunto de axudas e bolsas para a súa realización.
“Trátase dunha actividade de formación para impulsar a empregabilidade e a inserción laboral dos nosos veciños e...
leer másÁs 12:30 horas haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.
A partir das 14:00 horas haberá comida e baile no pavillón dos Institutos.
Poden participar no Día da 3ª Xuventude as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social. Poderán vir acompañadas pola súa parella.
A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, e o prazo para anotarse estará aberto dende mañá, 11 de abril, ata o 24 de abril.
Burela acolle, no auditorio municipal, o espectáculo Hija de la Luna en homenaxe á mítica banda de música pop española Mecano.
O evento terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 21:00. As entradas para o mesmo poden ser adquiridas de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://www.entradasatualcance.com/tickets-hija-de-la-luna-homenaje-a-me...
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 35€ na platea, os 30€ nos anfiteatros principais e os 25€ nos anfiteatros altos. A estas cantidades sumaránselle os gastos de xestión.
O tributo a Mecano Hija de la Luna nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con...
leer másO Concello de Burela e a Deputación de Lugo organizan dúas charlas no marco do programa Xunt@s da institución provincial: o mércores 10 de abril ás 17:00 horas no salón de conferencias haberá unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables; e o xoves 11 ás 18:00 horas, tamén no salón de conferencias, terá lugar unha xornada sobre envellecer de forma activa.
O programa Xunt@s da Deputación pretende impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na provincia.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta de Poncebos a Bulnes, en Asturias, o sábado 13 de abril. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús e seguro. Para a comida pódese levar bocadillo para comer durante o camiño, pero tamén hai restaurantes na zona. A saída será ás 07:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A organización explica que “este roteiro levaranos, nun curto pero intenso paseo, dende Poncebos ao típico pobo de Bulnes, en pleno corazón dos Picos de Europa, a través da Canal do Texo, un impresionante desfiladeiro formado por un antigo glaciar que partía da...
leer más