Burela
Burela acollerá o primeiro Torneo de Fútbol 7 Sub-16 e Sub-19 a partir do día 14 de xullo, luns.
O Concello de Burela anuncia que “o campo da Marosa converterase no escenario dun torneo que busca moito máis ca competición: compañeirismo, valores e ilusión polos deportes”.
“Dende a Concellería de Deportes e a Asociación Cultural Deportiva Veteranos SD Burela impulsamos esta iniciativa para rapaces das categorías Cadete e Xuvenil, dentro das actividades deportivas do verán de 2025. Para participar as inscricións están abertas. Enviade ficha de inscrición, copia do DNI, autorización familiar e xustificante de pago a actividadesdeportivas@burela.org”, explica o Concello de Burela.
O Concello de Burela reforza a súa oferta turística para este verán cunha programación centrada na cultura mariñeira e nos recursos naturais do municipio. As rutas turísticas, xa activas, ofrecen diferentes opcións para coñecer o territorio desde perspectivas diversas, sempre co mar como fío condutor e sinal de identidade.
Entre as propostas destacan as rutas xa consolidadas, como a Xeolóxica, que permite descubrir a riqueza xeolóxica da contorna; a Mariñeira, centrada na historia e nas tradicións vencelladas ao mar; e a do Peixe, que inclúe a visita á lonxa e a posibilidade de presenciar en directo a poxa e venda do pescado, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, que a destaca como “un elemento diferencial con respecto ao resto de experiencias”.
O Concello de Burela engade que “como novidade este ano...
leer másO Concello de Burela organiza un torneo de parchís por parellas, dentro do programa Xogo e Xente. Será os días 7 e 8 de xullo na Praza da Mariña ás 21:00 horas.
As inscricións están abertas ata o 6 de xullo ás 14:00 horas na Casa do Concello ou no correo electrónico cultura@burela.org.
“As prazas son limitadas, mínimo 8 e máximo 16 parellas (por orde de inscrición). Podes consultar as bases dos torneos a través da sede electrónica: https://f.mtr.cool/zmwjlmdlew. As parellas finalistas levarán un agasallo especial. Unha cita para xogar, rir e compartir!”,...
leer másO Concello de Burela lanza unha nova edición do seu ciclo de cine ao aire libre, “unha proposta xa consolidada no verán burelés que levará ás principais prazas do municipio sesións gratuítas de cine para todos os públicos durante os meses de xullo e agosto”.
A programación comeza este xoves, día 4 de xullo, ás 22:30 horas na Praza do Concello coa comedia familiar El Hotel de los líos, e continuará o 18 de xullo na Praza da Mariña coa película de animación Migración: un viaje patas arriba, pensada especialmente para o público infantil.
En agosto o ciclo retómase o día 1 na Praza do Concello coa longametraxe galega +Cuñados, mentres que o 15 de agosto a cita será na Praza das Casas Baratas coa entrega de animación Chicken Run: Amencer dos Nuggets, apta para todos os públicos. O...
leer másO Concello de Burela presenta a programación das actividades de verán 2025, dirixida a mozos e mozas nados entre os anos 2007 e 2013. E explica que “esta iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante os meses estivais, ao tempo que se fomenta a participación xuvenil no municipio e o achegamento da rapazada á Casa da Xuventude”.
As actividades desenvolveranse do 16 de xullo ao 29 de agosto, con propostas fixas cada día da semana. Os luns están dedicados ao tenis de mesa; os martes xogaranse partidas de cartas e os mércores serán días de xogo activo co brilé, unha actividade física que combina estratexia e movemento.
Os xoves estarán reservados para as reunións do Grupo de Participación, mentres que os venres serán días libres para os participantes, aínda que a Casa da Xuventude poderá...
leer másEste mércores, día 2 de xullo, dentro da programación do Orgullo LGTBIQ+ en Burela, proxectarase o documental titulado Noite Irisada. Será no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas, con entrada libre ata completar aforo.
O Concello de Burela explica que este documental “recolle a loita polos dereitos das persoas sexualmente diversas a través dos testemuños das súas protagonistas. A película visibiliza unha historia de represión, pero tamén de liberación, cunha data clave: o 28 de xuño de 1981, cando Vigo acolleu a primeira manifestación do Orgullo organizada polo movemento galego”.
A décimo primeira edición do Torneo de Tenis do Concello de Burela Memorial José Luis Yebra disputarase do 12 ao 27 de xullo nas pistas da Marosa recentemente renovadas.
As categorías dispoñibles son: individual absoluto (con cadro de consolación); dobres absoluto; e individual xóvenes promesas (mínimo dúas categorías).
Os premios consistirán en trofeos e vales de compra para os primeiros e segundos clasificados en todas as categorías individuais, ademais de trofeos para campións e subcampións en dobres.
O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de xullo ás 24:00 horas. Pódese contactar cos organizadores a través dos teléfonos 687.433.380 ou 630.744.347 ou do correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com.
... leer másO concerto do dúo Caamaño&Ameixeiras, incluído no ciclo Maraxes da Osa, celebrarase finalmente na Praza do Concello de Burela este sábado, día 28 de xuño, ás 21:00 horas e será de balde.
“Non perdades a oportunidade de ver en directo unha das propostas máis frescas e vibrantes da nova música tradicional galega”, anuncia o Concello de Burela.
El próximo lunes, 30 de junio, dará comienzo la décimo segunda edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos proyectos de emprendimiento....
leer másBurela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de lecer dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
O martes día 1 de xullo a Delegación de Deportes do Concello porá en marcha o programa Verán Burela 2025, que se desenvolverá ata o 29 de agosto. “Esta iniciativa ofrecerá diferentes propostas ao longo da semana, como xogos na praia os luns, rutas de sendeirismo os martes, iniciación ao surf os martes e mércores, rutas en bicicleta os mércores, happy dance os xoves e iniciación ao baloncesto os venres”, anuncia o Concello de Burela. As inscricións para participar neste programa poderán realizarse na Casa da Xuventude entre o 24 e o 26 de xuño cun prezo de oito euros por actividade e ao mes.
Dende a Concellería de Deportes tamén indican que “ao longo do...
leer más