Burela
O Concello de Burela convoca á cidadanía a participar na IV Andaina contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o domingo 30 de novembro ás 11:00 horas. A actividade enmárcase nas accións polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A andaina seguirá unha ruta circular de 8 quilómetros, de baixa dificultade, con saída e chegada na Praza da Mariña, co obxectivo de promover a participación veciñal nun acto “simbólico e colectivo de rexeitamento á violencia de xénero”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández.
A concelleira destacou que “este tipo de accións son importantes porque visibilizan a unidade social fronte á violencia e recordan que a igualdade constrúese cada día, tamén desde o espazo público”. Engadiu ademais que “a participación cidadá é clave para...
leer másBurela acollerá este sábado, día 15 de novembro, o evento Ritmo pola esperanza, organizado pola Asociación Esperanza. A música e a ximnasia rítmica únense nunha cita para a loita contra o cancro, anuncia o Concello de Burela.
Actuarán a Escola de Ximnasia Porta Norte, os grupos Blood Skeleton e Desta Vai, de Burela, e tamén haberá algunha sorpresa. Ademais intervirá Jorge Barbazán García, investigador principal Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET).
Será na Casa da Cultura de Burela desde ás 20:00 horas.
O Concello de Burela presenta o Concurso de Postais e o Certame de Poesía Infantil Nadal 2025, dúas iniciativas para a cativada impulsadas pola Biblioteca Municipal.
O Concurso de Postais está aberto a nenos e nenas en idade escolar e o prazo de inscrición remata o 12 de decembro ás 20:00 horas. As postais estarán expostas na Casa da Cultura do 26 de decembro de 2025 ao 30 de xaneiro de 2026.
O Certame de Poesía Infantil estará aberto ata o 19 de decembro e está dirixido a cativada e mocidade ata os dezaseis anos. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Máis información e as bases están na Biblioteca Pública Municipal e na web do Concello de...
leer másBurela acollerá o espectáculo titulado Cóntoche un traxe, a cargo de Montse Rivera, este venres, día 7 de novembro, ás 19:30 horas no Salón de Conferencias. E o sábado terá lugar a Foliada da Castaña na Praza de Abastos desde as 12 do mediodía.
A presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, anuncia que esta fin de semana “a primeira actividade será o espectáculo Cóntoche un Traxe, a cargo de Montse Rivera, que estaba programado para o mes de outubro, pero tivemos que adialo por causa de forza maior.
Terá lugar o venres 7 de novembro ás 19:30 horas no Salón de Conferencias (antiga biblioteca). Naturalmente é un acto aberto ó público en xeral e poderemos aprender moitos detalles relacionados co traxe tradicional galego. Esta actividade será a antesala dun intenso sábado no que...
leer másO Concello de Burela, a través da súa área de Cultura, organiza unha nova edición do Mercado e Rastro de Nadal, que converterá a Praza da Mariña nun punto de encontro para veciños, visitantes e expositores durante a fin de semana do 29 e 30 de novembro cun horario de 10:30 a 20:30 horas
O evento, de acceso libre e participación gratuíta, busca “apoiar o comercio de proximidade, a creación artesanal e a reutilización responsable, nun ambiente cheo de espírito navideño. Para facilitar a organización, o mercado dividirase en dúas zonas diferenciadas: a Zona A, dedicada ao mercado artesanal e creativo, acollerá expositores que ofrezan produtos elaborados por eles mesmos ou de carácter artístico; e a Zona B, destinada ao rastro de segunda man, reunirá postos con libros, roupa, complementos ou xogos usados en bo estado, apostando pola...
leer másO Concello de Burela pon en marcha dúas novas accións formativas do programa #YoConecto, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios en colaboración co Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
“Os cursos, totalmente gratuítos, teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da veciñanza, fomentar un uso seguro das novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital entre xeracións. O primeiro deles, baixo o título Seguridade: protexe o teu mundo dixital, está dirixido a persoas de ata 59 anos e desenvolverase do 24 ao 27 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional. O segundo curso, A túa banca dixital: compras seguras en liña, está orientado a persoas a partir dos 60 anos e terá lugar do 1 ao 4 de decembro, tamén en horario de 17:00 a 20:00...
leer másBurela acogerá una mesa debate sobre oncología el día 7 de noviembre, viernes. Será a las 20:00 horas en la Casa da Cultura.
Los ponentes son: Joaquín Mosquera Oses (coordinador de la Unidad de Mama en el CHUAC); Ignacio Fernández Sobrado (F.E.A. del Servicio de Oncología Médica del Área Sanitaria de Lugo, A Mariña y Monforte); y Carlos Mosquera López (psicólogo clínico en el Complejo Hospitalario HULA).
Será una mesa debate con participación de pacientes y familiares moderada por Ignacio Docal Cabrera (jefe de Servicio de Radiodiagnóstico del Hospital Público de A Mariña.
Está organizada por la Asociación Esperanza de Loita Contra o Cancro de Burela, que anuncia: “estamos encantadas de poder ofrecervos esta actividade da Asociación Esperanza para o venres día 7 de novembro ás 8 da tarde...
leer másA Fundación Expomar presenta o proxecto Xeración Peixe, que “inclúe diferentes actividades interxeracionais e intersectoriais” e que culminará no ano 2026 coa celebración dun Congreso da infancia e da adolescencia.
A Fundación Expomar presentou este xoves en Burela o proxecto titulado Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia, que está financiado no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
A este acto, no que interveu a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Mar de Burela, Ramiro Fernández, e o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’; asistiron representantes das entidades que forman o Padroado da Fundación...
leer másA III Noite das Ánimas celebrarase en Burela este venres, día 31 de outubro. Será na Praza de Abastos desde as 17:00 horas.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural e Musical Arume, de Burela, que anuncia: “este venres 31 agardámoste para celebrar a III Noite das Ánimas, unha tarde chea de tradición e cultura galega. Xogos populares, talleres para decorar cabazas, facer bonecos de millo e as bonecas da vella, música, gran chocolatada para merendar, actuacións en directo e unha Sinistra Compaña que sairá en procesión. Trae a túa cabaza, o teu candil e as túas roupas brancas (opcional) e pasa unha xornada ós pes do Alén. Sortearase unha gran cesta”.
A entrada é de balde.
Avelaíña Teatro representará na Casa da Cultura de Burela este venres, día 31 de outubro, a súa obra A Lola, ambientada no franquismo de mediados dos anos 60.
A representación está recomendada para un público maior de 14 anos. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura, con entrada de balde e libre ata completar aforo.
O Concello de Burela explica que “o texto de Manuel Ayán reivindica as historias das mulleres que sobreviviron aos seus maridos asasinados polo terror franquista, e trata tamén os feitos da II República, a guerra civil e a posguerra. Na obra recréanse o ambiente, os ideais e a confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade, a dos valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas e a do proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade”.
O...
leer más












