Burela
Este sábado, 29 de novembro, terá lugar en Burela o quinto e último sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 24 ao 29 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados a Acia Burela poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza da Mariña, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias sinala que “este é o quinto e último sorteo desta campaña da FCAM que...
leer másEl grupo argentino La Porteña Tango, en su 16º aniversario, ofrecerá en Burela un concierto especial festejando su trayectoria y presentando su nuevo álbum, Desde el jardín del alma, un homenaje al gran poeta del tango Homero Manzi. Será el día 13 de diciembre, jueves, a las 20:30 horas en el auditorio de la Casa da Cultura. Las entradas están a la venta en la web ataquilla.com.
Los organizadores del espectáculo explican que La Porteña Tango es “el grupo de tango argentino de mayor audiencia en Europa, con más de 800 conciertos realizados en escenarios de 23 países en cuatro continentes. En 2023 se cumplieron 15 años de aquel primer concierto del grupo que nació en un pequeño local nocturno y que hoy recorre el mundo con sus espectáculos de música y danza. Dos grandes motivos para festejar que el tango sigue tan vivo y tan joven...
leer másO Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, organiza os días 29 e 30 de novembro, sábado e domingo, unha nova edición do seu xa tradicional Mercadillo de Nadal, que se celebrará na carpa da Praza da Mariña en horario de 10:30 a 20:30 horas.
Este evento, “consolidado como unha cita destacada do calendario cultural e social do municipio, contará este ano con máis de 30 participantes entre persoas artesás, asociacións e profesionais procedentes tanto da Mariña como doutras zonas de Galicia. Durante toda a fin de semana, o público asistente poderá atopar artesanía, decoración de Nadal, xoguetes, produtos de elaboración propia, alimentación artesanal, así como unha zona de rastrillo de segunda man, destinada a impulsar a reutilización e o consumo responsable”, anuncia o Concello de Burela.
A Concellería...
leer másA campaña da FCAM titulada De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 29 de novembro a Burela con novos convidados.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos anteriores que tiveron lugar en Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova e Xove. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acia Burela entre o 24 e o 29 novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 29, o vindeiro sábado, ás 20:00 horas na Praza da Mariña, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar diferentes enclaves turísticos de Burela e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña Lucense”.
... leer másA axencia de viaxes Azul Marino presentará a súa oferta para 2026 en Burela. Será nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura o día 28 de novembro, venres, a partir das 20:30 horas.
Segundo explica o responsable de Azul Marino en Burela, Pedro Fraga, “presentaremos as propostas máis relevantes para o 2026 da axencia de viaxes Azul Marino. Os asistentes coñecerán algunhas das novidades máis destacadas. Recibirán información sobre viaxes interesantes e en grupo a Asia, por exemplo, para o que contaremos cun maiorista especialista, como é Taiko. Os cruceiros tamén estarán presentes da man de Costa Cruceros, que presentará a súa gama de produto con saídas tamén en grupo desde A Mariña”.
Fraga considera que “as saídas en grupo desde esta comarca o que fan é facilitarlle a vida ao cliente”.
... leer másO Concello de Burela presenta o programa Burela dá Luz ao Nadal, que terá lugar o 5 de decembro, venres, con diferentes actividades para todos os públicos. Ás as 17:30 horas na Praza do Concello haberá pintacaras infantil, globoflexia e música a cargo de Festicultores Troupe. Ás 19:00 horas celebrarase unha chocolatada e ás 19:30 horas será o acendido oficial do alumeado, amenizado pola Escola de Música de Burela. A xornada rematará ás 20:00 horas na Praza da Mariña cun concerto de COVA do CAN Rock.
A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destacou: “este ano apostamos por un Nadal vivo, participativo e pensado para que as familias gocen da rúa. Queremos que Burela se encha de luz, música e ilusión dende o primeiro día”. Engadiu que “o acendido do alumeado é un momento moi especial para a veciñanza, e por iso preparamos unha...
leer másO Concello de Burela deu a coñecer a programación organizada para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O programa inclúe accións de sensibilización social, actos públicos e actividades dirixidas á comunidade educativa os días 24, 25 e 30 deste mes.
No marco desta programación estará dispoñible un punto de lectura pola igualdade na Biblioteca Municipal, colocarase a pancarta conmemorativa e varios espazos do municipio tinguiranse de violeta como símbolo de apoio á loita contra a violencia de xénero.
O martes 25 de novembro, ás 12:30 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional, xunto cun punto informativo do CIM e un mosaico violeta co lema Non á violencia de xénero.
O domingo 30 de novembro,...
leer másO Recuncho Multicultural de Burela acolle unha nova xuntanza, con motivo da Festa da Música, este sábado, día 22 de novembro. A actividade será ás 12:30 horas na Praza de Abastos, antes do comezo da celebración da Festa da Música ás 13:00 horas.
O Concello de Burela explica que “durante o encontro cada colectivo participante compartirá a música, os sons e os instrumentos que adoita escoitar no seu lugar de orixe para crear unha playlist colaborativa”.
Segundo explicou o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “trátase dunha actividade cooperativa na que aprenderemos sobre diferentes culturas e tradicións a través da música co obxectivo final de crear unha playlist de músicas do mundo no noso concello”. Ademais destacou que “é un evento aberto a toda a cidadanía e dende o Concello animamos a...
leer másO Auditorio Municipal de Burela será o escenario do espectáculo titulado Noches Encendidas: Una noche a la luz de las velas o día 29 de novembro, sábado, ás 20:00 horas. É “un evento que renderá homenaxe a dúas das figuras máis icónicas da historia da música: Michael Jackson e Queen. O espectáculo, organizado por La Opción Producciones e Diverfest, contará con voces en directo e unha posta en escena iluminada por velas”, anuncia o Concello de Burela.
As entradas poden adquirirse na Librería Aris (antiga Atril), situada na Rúa Rosalía de Castro, 31, ademais da venda online a través de www.dentralia.com.
O Concello de Burela destaca que “Queen e Michael Jackson deixaron unha pegada profunda na historia da música e seguen a influír ás novas xeracións. En Burela...
leer másA Agrupación Cultural e Musical Dambara, de Burela, organiza a Festa da Música este sábado, día 22 de novembro. Será na Praza de Abastos burelá desde as 13:00 horas. Están programadas unha vintena de actuacións musicais de diferentes estilos. Haberá xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas.
“Achégase o Día da Música, que este ano celebrarémolo o sábado 22 durante todo o día e parte da noite. Agradecemos a participación de todos os grupos e individualidades a facer un día de vivencias e compartir baixo o lema da música un momento agradable”, anuncia Dambara.












