Carballido
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación de veciños San Sebastián de Carballido de Alfoz, Jesús Paz Pumares, presentaron no Pazo de San Marcos unha das grandes novidades da Feira do Trece deste ano: o espectáculo Duende Ecuestre. A institución provincial achega máis de 3.200€ para a contratación deste evento dentro do programa do feiral, que se celebrará o 17 de xuño.
O mandatario provincial puxo en valor que esta será a primeira vez que este espectáculo, que combina doma e baile ecuestre, estea en Alfoz, o que de seguro será “un gran reclamo que completará o programa que a asociación tenpreparado para todo o día”. Así mesmo, Tomé Roca subliñou o pulo que esta cita colleu dende que esta asociaciónveciñal a recuperou no 2018, tentando emular as feiras que acollía o Lugar do Trece hai máis de 30 anos,...
leer másEsta fin de semana, sábado 14 e domingo, celebraranse as festas na honra de San Sebastián en Carballido (Alfoz), que teñen nova situación: xunto á igrexa en carpa pechada e climatizada.
O sábado 14 a partir das 13:00 horas haberá misa, procesión e sesión vermú co dúo Belinda e con tapas de callos para acompañar as consumicións. E pola noite, festa verbena con Extraordinarios Team, “primeira contratación na Mariña dun grupo de recente creación que soamente actuará de decembro a febreiro. Xúntase unha das mellores dianteiras da verbena galega, participantes do programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios: Diego Moreira (actual Panorama, ex París de Noia e Cinema); Ángel Hasegawa (actual Cinema); Ángel Sevilla (ex La Fórmula e Palladium), Laura Añón (presentadora da TVG, ex Finisterre e Charleston); e Rocío Varela (actual New York, ex Fania...
leer más




