Forum

Etiquetas:
26/08/2016
Unha vintena de empresas e 32 poñentes participarán no V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. O evento está organizado por Apaga.
 
Máis dunha vintena de empresas do sector da automoción participarán no V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. No encontro organizado por APAGA participarán 32 poñentes, que falarán sobre os últimos avances aplicados á tecnoloxía do automóbil.
 
Na presentación deste Fórum, celebrada na tarde de onte nas instalacións do hotel O Cabazo en Ribadeo, o presidente de APAGA, Álvaro Doural, lembrou que “sumado este ano ás anteriores xornadas de automoción van ser 25 anos nos que Ribadeo acolle este tipo de actividade. Aínda que os inicios sempre son difíciles, sempre houbo un apoio moi claro por parte da empresa. Este ano van estar con nós Man, Bosch, PSA ou...
leer más
Etiquetas:
20/08/2015
Ribadeo acollerá do 26 ao 28 de agosto o IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e os días 29 e 30 terá lugar a III Mostra de Coches Clásicos.
 
Oitenta persoas chegadas desde Castela-León, Castela-A Mancha, Asturias e Galicia participarán no IV Fórum Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebrará nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo, do 26 ao 28 de agosto. O evento, que foi presentado onte á noite, está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Ademáis tamén se celebrará a III Mostra de Vehículos Clásicos entre o 29 e o 30 de agosto. 
O encargado de conducir o acto de presentación foi Ramón Roca, presidente da Fundación Race, que sinalou que “si no fuese bastante con que el automóvil sea muy importante para España y para Galicia, el automóvil también es muy importante para Lugo. Y lo es porque los aficionados saben que el automóvil en España se fabrica a base de...
leer más