Fútbol

Etiquetas:
06/04/2022

A SD Burela Burela anuncia que, despois de 2 anos sen celebrarse, do 24 ao 26 de xuño desenvolverase o torno de fútbol Marosa Cup, que chega á súa sexta edición.

Os organizadores explican: “moi contentos de retomar esta actividade, onde xa temos confirmada a participación de moitos clubs de Galicia e doutras comunidades. Que mellor maneira de pasar unha fin de semana que no entorno de A Marosa”.
 
Os días de celebración por categoría son os seguintes: o 24 de xuño, infantil e cadete; o 25 de xuño, benxamín e alevín; e o 26 de xuño, biberón e prebenxamín.

22/09/2021

Para a tempada 2021-2022 o Concello de O Valadouro ofrece escolas deportivas municipais de fútbol e patinaxe.

O Concello anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas distintas categorías de fútbol para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro e as actividades comezarán o 1 de outubro.

E para a de patinaxe está aberto o prazo de inscrición para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 6º primaria para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura.

O prazo de inscrición remata...

leer más
Etiquetas:
10/08/2021

O estadio municipal de A Veiga, de San Ciprián, acollerá este xoves, día 12 de agosto, a cuarta edición do torneo Maruxaina de fútbol. Será un triangular, que disputarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.

Empezará ás 18:30 horas co enfrontamento entre o Viveiro e o Foz. Ás 19:30 xogarán o Castro e o Viveiro. E o terceiro partido será ás 20:30 horas entre o Foz e o Castro.

Este evento deportivo está organizado polo CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
04/08/2021

El estadio municipal de Cantarrana, en Viveiro, acoge este sábado, 7 de agosto, a las 18:30 horas un partido amistoso de fútbol que enfrentará al CD Lugo con el Sporting de Gijón.

La organización explica que en este evento deportivo “habrá aforo limitado y distanciamiento de 1,5 metros. Es obligatorio el uso de mascarilla y permanecer sentado. Habrá control de temperatura y dispensador de gel hidroalcohólico en la entrada y está prohibido fumar”. 

Las entradas se venden anticipadamente en Óscar Joyeros (horario comercial) y en el estadio de Cantarrana (de 12:00 a 13:00 y de 18:00 a 21:00 horas). También se pueden reservar a través del correo electrónico viveirocf2015@gmail.com.

Etiquetas:
30/07/2021

O CD Lugo e o Coruxo FC disputarán a XXXII edición do torneo estival de fútbol Vila de Foz no estadio Martínez Otero o día 4 de agosto, mércores, ás 19:30 horas. Este evento deportivo, que está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello focense, foi presentado hoxe.

O presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera, manifestou: “para min é unha honra presentar o XXXII Trofeo Vila de Foz porque o ano pasado non puidemos facelo pola pandemia, pero agora, grazas a Deus, imos ver se somos capaces de ver o próximo mércores ese interesantísimo partido entre o Club Deportivo Lugo e o Coruxo Club de Fútbol. Quero darlle as grazas ao presidente do Lugo, Tino Saqués, e ao Coruxo por estar aquí en Foz para disputar este torneo. Agradecer tamén os trofeos feitos por Cerámica Regal, que son marabillosos, moi bonitos e que falan...

leer más
Etiquetas:
15/07/2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Ribadeo na presentación do 70º Trofeo Emma Cuervo, que se celebrará o vindeiro 31 de xullo organizado polo Ribadeo FC co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte. 

Arias felicitou á entidade deportiva ribadense polo seu dinamismo e “por dar continuidade durante tantos anos a esta cita deportiva tan senlleira”, que nesta edición contará “con dous equipos de elite, o Real Oviedo e o CD Lugo, o noso representante na Segunda División e o noso embaixador no fútbol profesional”.

O torneo disputarase no estadio Pepe Barrera e este ano estrea como trofeo unha reprodución da Torre dos Moreno de 60 centímetros de alto deseñada e fabricada por Sargadelos. 

Ademais, o 14 de agosto disputarase a primeira edición do Emma Cuervo...

leer más
Etiquetas:
17/06/2021

No Concello de Viveiro tivo lugar a presentación do “DéporCampus Cabreiroá”, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña e que este ano volverá a realizarse no municipio. 

Viveiro acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia. 

Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón: 
http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio

No acto...

leer más
Etiquetas:
10/06/2021

Germán Arteta e Manu Gómez, director e coordinador da Fundación Celta respectivamente, a alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro de Deporte, Daniel García, presentaron o primeiro campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto nos campos de fútbol do Cascabeiro e As Valgas.

O campus está dirixido para crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del. A cota de participación é de 132 euros e 127 euros no caso do segundo ou sucesivos irmáns. Para as nenas e nenos empadroados en Barreiros a data 01/01/2021, o custo será de 100 euros en calquera caso, aportando o Concello a diferenza de matrícula con respecto á cantidade xeral marcada pola organización.

Segundo Dani García “o campus pretende ser a actividade futbolística de base referente en toda a Mariña no mes de agosto e está...

leer más
Etiquetas:
22/12/2020

Viveiro e SD Compostela disputarán o LXIX Trofeo Emma Cuervo o vindeiro 30 de decembro. Arredor de 300 persoas poderán asistir ao encontro que foi presentado hoxe no Concello. No acto participaron, entre outros,  o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada.  

O presidente do club organizador anunciou que “o trofeo celebrarase o día 30 de decembro ás catro da tarde no estadio Pepe Barrera, entre os equipos de Viveiro CF e a Sociedade Deportiva Compostela. É a 69 edición e non é unha data especialmente importante para facer o partido, mais era prioritario que non pasara o ano 2020 sen que fixéramos unha nova edición. Era moi importante para a nova xunta directiva celebrar o trofeo aínda que sexa nunha data pouco frecuente porque, como sabemos todos, se celebra...

leer más
Etiquetas:
16/09/2019

Do 27 ao 29 de setembro terá lugar en Burela o V Torneo Marosa Cup de fútbol, que reunirá a 50 equipos e a unhas 700 persoas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destacou o impacto económico que terá na vila este torneo. Haberá, como novidade, fútbol feminino e ademais torneo de veteranos e da liga Genuine. Na presentación celebrada esta maña no Concello, estiveron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e o presidente da SD Burela, Jesús Manuel Ares.

O edil de Deportes dixo que “vimos de facer hoxe a presentación do que vai ser a quinta edición do torneo Marosa Cup, fixémolo o alcalde e mais eu e contamos coa presencia do presidente da Sociedade Deportiva Burela, Jesús Manuel Ares. É un torneo que ano a ano vai medrando”. 

Ramiro Fernández salientou que “este ano...

leer más