Verán

Etiquetas:
22/06/2016
O Concello de Cervo organiza programas de actividades infantís durante o verán: "Enredos de verán" e "Repasando en verán".
 
O Concello de Cervo organiza os programas de actividades infantís Enredos de verán, que este ano está dedicado ás olimpíadas, e Repasando en verán.
 
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou hoxe que “o programa Enredos de verán, destinado a nenos e nenas que cursen desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria, desenvolverase todas as mañás durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión a temática son as olimpíadas infantís, aproveitando que este ano é olímpico. Practicarán diversos deportes con diferentes xogos e modalidades e tamén van facer talleres. Haberá actividades de atletismo, fútbol, baloncesto, tiro con arco, surf, irán á praia e á piscina, etcétera. As inscricións poden facerse na...
leer más
Etiquetas:
17/06/2015
O Concello de Burela organiza actividades de verán para @s nen@s desde o 1 de xullo ata o 28 de agosto.
 
O Concello de Burela organiza actividades de verán para nenos e nenas nacidos entre o ano 2003 e o 2010 e que estean empadroados no municipio. Vanse desenvolver dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto e o prazo para apuntarse remata o día 25 deste mes.
A fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do luns 22 ao xoves 25 deste mes de xuño a partir das 9 e media da mañá. O luns 29 farase pública a lista de admitidos.
As actividades deportivas levaranse a cabo no CEIP Virxe do Carme e na praia urbana de luns a venres. Os luns e os xoves haberá patinaxe; os martes, xogos multideporte; e os mércores e os venres, xogos na praia.
O grupo de participantes con idades de 5 a 7 anos contará con 15...
leer más
Etiquetas:
28/04/2015
Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 95 prazas en pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela.
 
Hoxe ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007. As modalidades que se ofertan neste 2015 son: pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. 
A cota da matrícula é de 40 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente que o Concello ten en Caixa Rural antes do comezo da escola e indicando no concepto: matrícula escola deportiva, así coma o nome do rapaz ou rapaza matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. Existe a posibilidade de subvencionar a matrícula, segundo a ordenanza de bases de acceso a prestacións económicas para actividades dirixidas a menores, organizadas polas Concellarías de Cultura, Educación e...
leer más