A ACD Xove organiza unha ruta nocturna para ver as Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo o 11 de agosto.

O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta nocturna para ver a choiva de estrelas Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo este sábado, 11 de agosto.

A andaina será duns 4´5 quilómetros, pola senda costeira de Xove, Camiño Natural do Cantábrico, e percorrerá o Coto da Vela, onde está soterrado un dos castros costeiros máis grandes de toda A Mariña, nunha altura de preto de 160 metros case verticais ao mar. A ruta tamén discorrerá pola illa de Sarón, a segunda máis grande da Mariña e berce de toda clase de aves mariñas.

Os camiñantes deberán ir provistos de frontal de luz ou lanterna, unha pequena esterilla ou toalla para deitarse no chan e contemplar as estrelas, roupa de abrigo por se fose necesaria e algo para comer.

As persoas que vaian por primeira vez deberán cubrir unha ficha de inscrición, xa que se fará un seguro de accidentes por cada un dos participantes. Os/as interesados/as poden obter máis información no número de teléfono 618 97 61 59.