Alfoz acolle un curso de recolección e cultivo de setas do 6 ao 10 de novembro

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación de Lugo, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda e co Concello de Alfoz, realizará un curso de recolección e cultivo de setas en Alfoz. Será na Escola Chao de Pereiro do 6 ao 10 de novembro de 16:00 a 21:00 horas.

Hai 12 prazas e a inscrición pode facerse a través do correo electrónico terrasmiranda@gmail.com ou no teléfono 982.507.111.

Estes cursos ofrécense de forma gratuíta, co fin de dar unha oferta lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais da Reserva da Biosfera.