A asociación Cabaleiros da Bidueira, de Cervo, organiza a súa primeira ruta cabalar o 14 de abril

Cabaleiros da Bidueira é unha asociación sen ánimo de lucro creada recentemente para organizar carreiras e rutas a cabalo en Cervo. E a primeira que organizan está programada para o 14 de abril, domingo.

A saída será ás 10:00 horas desde o polideportivo de San Román. Haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta e despois de rematar o percorrido no polideportivo de San Román terá lugar unha sesión vermú amenizada polo DJ Pablo Conxuro, xantar e baile.

As inscricións poden facerse a través dos teléfonos 657.256.408 (Adrián) ou 677.539.285 (Óscar) e o prazo remata o día 10 de abril.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.