A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro

A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro. O prazo para anotarse e pagar remata este mércores, día 15. O custo, co xantar incluído, é de 22 euros para os membros do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son. O autobús é de balde porque está financiado cunha axuda do Concello de Lourenzá.

Os organizadores explican: “este ano decidimos viaxar a Vigo. Coñeceremos o legado de Del Riego: pinacoteca e fundación Penzol, que nos abren as súas portas o sábado 18. Comeremos no R.C. Náutico e pola tarde desfrutaremos da cidade olívica. Tan só animarvos a participar e renderlle homenaxe a este laurentino como a el lle gustaría: reunirse cos veciños e disfrutar da cidade que o acolleu. Animámosvos a participar nesta visita imprescindible no ano no que se lle dedican as Letras Galegas a don Paco, quen fixo coa súa obra que o nome de Lourenzá apareza para sempre vencellado ás máis elevadas expresións da defensa da nosa lingua e da nosa cultura”.