Ata o 29 de xullo estará aberta na Casa da Cultura, de San Ciprián, unha exposición de Abraham Moreno.

Ata o 29 de xullo pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, unha exposición de traballos de Abraham Moreno Barreiro, estudante de Belas Artes en Salamanca e veciño do concello cervense. 

A mostra foi inaugurada no día de onte polo rexedor Alfonso Villares e por varios membros do equipo de goberno.