Ata o 31 de agosto poderase visitar no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, a exposición "Paisajes de la memoria" da pintora Pilar Perdices.

O Castelo de Castrodouro en Alfoz acolle unha exposición da pintora menorquina Pilar Perdices, que se poderá visitar ata o 31 de agosto. “Paisajes de la memoria” é unha colección de pinturas inédita realizada en exclusiva para esta exposición. 

Pilar Perdices, natural de Mahón (Baleares), e licenciada en Belas Artes e Catedrática numeraria de bacharelato na especialidade de debuxo. A súa primeira exposición individual foi no ano 1967, e desde entón expuxo en diferentes lugares de Barcelona, como a Praza da Catedral, o Museu de  Vilassar de Mar, Centre Cultural Torre Vella de Salou, Fundació cultural Caixa Terrassa, e un longo etcétera, así como en Madrid, e na súa terra natal tanto en Menorca como en Palma de Mallorca. A exposición inaugurada este mediodía é a primeira que Pilar Perdices fai en Galicia, terra da que se namorou desde que visitou Alfoz. No currículo da artista destacan diferentes galardóns, destacando o premio de debuxo Ynglada-Guillot na súa XLIII Edición. Tamén participou na feria Arco de Madrid en 1986 coa Galería Tertre de Mataró.